25 de feb. de 2019

VISITA AO CLUB DE LECTURA DO INSTITUTO!!

O venres 22 foi un día completiño para o alumnado de 6º, cheo de actividades. Celebramos o Día de Rosalía, e ó rematar as clases marchamos para o instituto Illa de Ons en Bueu para compartir co alumnado do Club de Lectura  unha xornada moi interesante.
Comemos no instituto e compartimos diferentes xogos en grupo. A continuación, na biblioteca,  Antía e Carla dramatizaron Mándame un Whatsapp e os nosos antiguos compañeiros leron a obra Misterio no Instituto. Visualizamos un book trailer  protagonizado por profes do instituto da obra La ratonera de Agatha Christie.
Podedes ver a entrada e un vídeo no seu blog:
http://bibliotecailladeons.blogspot.com/2019/02/visita-dos-belulectores.html








 MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS A COMPARTIR CONVOSCO ESTA FERMOSA EXPERIENCIA!!!

Ningún comentario: