3 de feb. de 2019

LUZ CASAL E LUAR NA LUBRE

 Seguimos unha semana máis coas audicións. Propoñemos escoitar a Luz Casal acompañada de Luar na Lubre.
  LUZ CASAL é unha das solistas máis valoradas da música popular deste país. Tras os seus éxitos en España nos anos oitenta, logrou a  fama internacional, especialmente en Francia, sobre todo tras incluirse dous dos seus temas na película Tacones lejanos, de Pedro Almodóvar
  LUAR NA LUBRE, é hoxe en dia a banda folk máis internacional en Galicia, así é que dende Palestina a Canadá ou dende Arxentina a Alemania xa percorreron unha boa parte do planeta. 

Ningún comentario: