21 de mar. de 2019

MARZO CON M DE MULLER E DE POEMA

MARZO CON M DE MULLER E DE POEMA
TETRAEDRO. JORGE LOIRA
Hoxe é 21 de marzo, DÍA DA POESÍA o noso cole está cheo de recunchos con poemas.
Recibimos unha visita moi especial MARÍA LOIRA, como científica e como lectora de poemas do seu irmán JORGE LOIRA http://jorgejloiragago.com/
Conversamos sobre o seu traballo como odontóloga, a importancia de falar varios idiomas, o que significou para ela formar parte da Academia de Ciencias Ramón y Cajal e de POESÍA, sobretodo da escritas polo  seu irmán. Contounos que os seus versos  nacen das experiencias cotidianas, do día a día. 
Recitamos fragmentos da súa obra TETRAEDRO. Un voluntario recitou "Pepitas de Luz" . Jorge foi amigo de Gonzalo Torrente Ballester, que incluso chegou a dicir que deixou un posto vacante na literatura española.








O alumnado de 4º de Primaria realizaron un fermoso traballo sobre a poesía e a pintura de Jorge Loira e entrevistaron a María.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTE DÍA TAN ESPECIAL CON NÓS!


Ningún comentario: