https://www.facebook.com/pages/category/Community-Organization/Asociaci%C3%B3n-Alfombras-Bueu-659429704166632/
Na Biblioteca explicáronnos a orixe da tradición dos tapices florais que se iniciaron na Idade Media. En Bueu hai unha reportaxe que as recolle no ano 1913.
Visualizamos lugares onde tamén son tradicionais e as que eles realizaron en diferentes partes do mundo: no Vaticano, en Bruselas...
Partindo das ilustracións de instrumentos musicais do conto "A banda de Vilacendoi" escrito e ilustrado por Xulio Gayoso, editado por Kalandraka, elaboramos fermosos tapices con diferentes materiais: cáscaras, café... Foi un traballo colaborativo moi fermoso!
MOITAS GRACIAS POR ESTE TRABALLO COLABORATIVO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario