O martes 14 de maio, tivemos a última reunión deste curso, nela conversamos arredor do libro " La trenza ", escrito por Laetitia Colombani e publicado pola editorial Salamandra. Esperámosvos o curso que vén co libro " SENLLEIRAS" escrito por Antía Yanez.
Ainda que os vosos fillos e fillas baixen para o instituto podedes asistir. Formades parte da nosa comunidade educativa.
Entre nós creouse un lazo invisible moi especial...
Algunhas das opinións:
- A pesar de
que eu non podo participar do Club de lectura polo meu horario laboral, a idea
paréceme magnífica. Penso que ler sabendo que vas compartir unha parte desa
lectura con outras persoas ou incluso con quen escribiu o libro é moi
enriquecedor. Os libros se len cunha perspectiva máis participativa cando sabes
que vas formar parte dunha tertulia, e desa tertulia seguro que saquedes puntos
de vista que ao mellor non se tiñan en conta na lectura individual da obra. A
min dame moita pena non formar parte desas tertulias pero procuro ler os libros
que ides recomendando. Loxicamente uns gustan máis que outros, pero o
interesante é ler e descubri estilos, escritores/as...
Un saúdo e a
continuar coa iniciativa! SARA
- Este e o meu primer club
de lectura, e como lectora novata, podo dicir que foi unha experiencia
agradábel en sobre todo moi divertida. Custoume dar o paso a participar no
club, tiña un pouco de medo de non encaixar, non son unha
super lectora, teño pouco recorrido na lectura. Pero alégrome de dar o
paso, e pertencer a este club de lectura.
Non coincido moito na elección acerca dos
libros que tratamos, pero aínda así, a charlas e debates que se producen na
xuntanza, e moi enriquecedora. Seguiremos charlando, dialogando e rindo, grazas
a lectura. CRISTINA
- Hola, me encanta lo del club de lectura,aunque a veces los libros no sean
de gusto,siempre son interesantes.
Conocer nuevos escritores y gente con los mismos gustos.
Espero poder continuar.
Gracias. ROSA
- Hola!, a min a iniciativa do club de lectura encántame. Pasamos un bo rato
xuntas comentando os libros que lemos, dando as nosas opinións,
falando de temas que seguen pasando na actualidade cando se da o caso.
Personalmente penso que é unha actividade moi beneficiosa, ademais de poder
coñecernos un pouco mais a causa de algo tan maravilloso como é a lectura.
Bicos. ESTHER BARREIRO
- A miña opinión do club: "supón un
xeito diferente de relacionarnos entre as mestras e as nais que participamos no
mesmo, xa que difire das relacións que establecemos como ensinantes. Nunca
antes asistira a un club de lectura e, para min, o feito de compartir lecturas,
me proporciona unha percepción máis ampla que a obtida coa lectura individual,
grazas ás achegas de cada membro do club". Un saúdo. VANESSA
DISFRUTADE DUN VERÁN MOI LECTOR!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario