8 de maio de 2019

II FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA BUEU 2019

Este sábado 4 de maio, pasamos unha xornada científica.
O alumnado voluntario de 6º de Primaria foi o protagonista das explicacións dos experimentos os seus propios compañeiros de colexio e aos visitantes da feira, que foron moitos.
O libro elexido polo noso centro foi "A SEÑORITA BUBBLE" escrito por Ledicia Costas, editado por Xerais.
A protagonista da nosa historia é unha inventora, nos tamén quixemos ser creativos e intentar mellorar o mundo no que vivimos.
Inauguración polas autoridades:

Parte dos nosos stands:




Os Voluntarios e voluntarias explicando:



Con anterioridade lemos no club de lectura o libro e preparamos os experimentos no noso renovado LABORATORIO



O alumnado do club de lectura co libro de A Señorita Bubble en decembro.

Ningún comentario: