18 de out. de 2019

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS

A BIBLIOTECA XA ESTÁ ABERTA!
Todas as persoas do cole visitamos a biblioteca pola mañán xa que hoxe foi o GRAN DÍA!
O alumnado de 6º presentounos o Proxecto deste curso, dándonos ideas para coidar o planeta.
Contáronnos a súa adaptación ao galego do conto:"EL VIAJE DE LOS PINGÜINOS", precioso álbum ilustrado de Satoe Tone publicado por  Editorial SM. 



PARABÉNS NENAS E NENOS DE 6º. FIXESTES UN GRAN TRABALLO!!
 Como todos anos iniciaron a súa andaina as Mochilas Viaxeiras e o alumnado novo do centro recibiu o seu carné:










 Belusiña agasallounos cun marcapáxinas cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS.
A LER, A CREAR, A EXPERIMENTAR, A VIVIR OS NOVOS ESPAZOS DA NOSA BIBLIOTECA 

Ningún comentario: