17 de out. de 2019

CARTA DE BELUSIÑA

Hoxe recibimos unha carta de Belusiña. Di o seguinte:


Beluso, 17 de outubro de 2019
Bo día:
Como sabes, todos os anos facemos unha festa de inauguración da biblioteca, polo que, espérote este venres durante a Hora de Ler.
A partir do luns podes visitarme durante o recreo, ademais podes vir cos teus profes e pola tarde coa túa familia.
Na nosa biblioteca non só podes prestar, tamén buscar información tanto nos libros coma nos ordenadores. 
Xunto cos espazos que xa coñeces, temos dous novos: BIBLIOLAB E BIBLIOMAKER.
Non faltes. Vén a descubrilos.
ESPÉROTE.
BIQUIÑOS LECTORES.


BELUSIÑA


 Que serán o Bibliolab e o Bibliomakert?

Agárdannos moitas sorpresas na Biblioteca!

Ningún comentario: