Estamos xa de volta, despois das vacacións de Nadal, con moito ánimo e alegría e, como non , coas nosas audicións semanais.
Comenzamos cun clásico xa destas datas, a "Marcha Radetzky" do compositor Johan Strauss pai.
Na actualidade é moi coñecida porque todos os 1 de xaneiro a Orquestra Filarmónica de Viena remata o seu concerto de Aninovo con esta obra. Durante a súa interpretación a audiencia aplaude ao compás e o director xírase ao público no canto de facelo coa orquestra.
FELIZ SEMANA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario