Desde o 2020, por mor da pandemia, as apertas quedaron reducidas, sobre todo naquelas persoas que non son conviventes. É por iso que, desde aquí vos animamos a que manifestedes os vosos desexos de abrazar ás persoas queridas, familiares e amigos, xa sexa cun xesto ou con palabras agarimosas. Ao menos ata que poidamos voltar retomar este hábito tan saudable. Porque está demostrado, ABRAZAR é bo para a nosa saúde.
Como audición, deixámosvos unha fermosa canción de Magín Blanco que nos fala disto: "RUMBA DAS APERTAS".
Ningún comentario:
Publicar un comentario