11 de xan. de 2023

Programa lectura e familias

Convidámosvos a participar no programa "Lectura e familias"

Con esta iniciativa preténdese fomentar a vosa implicación no desenvolvemento da biblioteca escolar.

Gustaríanos crear un grupo de persoas voluntarias, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías... que colaboren no seu funcionamento en horario non lectivo (aproximadamente unha tarde ao mes). 

Outras actividades que se levarían a cabo serían: préstamo de maletas viaxeiras personalizadas, contacontos para familias, roteiros literarios, obradoiros, cine... 

Si estades interesados ou interesadas cubride este formulario https://forms.gle/n6wkxxiKWQnNSeiY9 ou apuntádevos persoalmente na biblioteca.

Animádevos a participar! 

Contamos contigo!  

O xoves 19 de xaneiro ás 16,30h na Biblioteca celebraremos unha reunión informativa. Esperámosvos!

O noso Proxecto Lectura e familias presentado ao programa da Consellería de Educación.






Ningún comentario: