8 de xan. de 2023

Minutos musicais!

Iniciamos novo ano e novo trimestre escoitando a Marcha Radetzky do compositor austríaco Johan Strauss (pai).

É costume que esta peza musical peche os concertos de Nadal, o público asistente marca con palmas o ritmo ao tempo que o director da orquestra o dirixe.

Feliz ano 2023! Moito ánimo para este aninovo!


Que sabes de... LUÍS SEOANE?

Pintor, deseñador, editor, gravador, escritor, xornalista, ilustrador, ceramista, promotor cultural... Luís Seoane é un dos artistas máis completos de Galicia e o primeiro en apostar por diferentes medios de expresión.

Luís Seoane naceu en Bos Aires o 1 de xuño de 1910, fillo de emigrantes galegos que regresaron a Galicia en 1916, primeiro á cidade da Coruña e despois a Santiago de Compostela, onde estudou Dereito e ingresou en círculos culturais e artísticos. 

Abriu o camiño da renovación en Galicia onde realizou as súas primeiras exposicións de debuxos e acuarelas. 

A súa obra foi exposta en diferentes lugares: Bos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas, Hamburgo...

Faleceu na Coruña o 5 de abril de 1979.


Ningún comentario: