29 de xan. de 2023

Minutos musicais!

 Esta semana escoitaremos a Wolfgang Amadeus Mozart  nacido en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791. Está considerado un dos máis grandes compositores da música clásica europea, con influencia en todos os compositores posteriores, incluso en Ludwig van Beethoven.

A  súa obra abarca todos os xéneros musicais da época, alcanza máis de seiscentas creacións. 

Na súa nenez mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e violín. Con só cinco anos xa compuña obras musicais e as súas interpretacións gozaban de gran aprecio.

Escoita a  "Marcha turca", sonata para piano:


Goza con máis de tres horas de música con Mozart:


Feliz semana!

Ningún comentario: