15 de xan. de 2023

Minutos musicais!

 Durante esta semana escoitaremos aos Rolling Stones, banda de rock británica, fundada en 1962, é unha das máis lonxeva do panorama musical.

Cancións como: I Can`t Get No, Satisfaction, Start Me Up, Sympathy For the Devil, Paint it Black forman parte da memoria colectiva.

A canción desta segunda semana é "I Can`t Get No, Satisfaction" composta por Mick Jagger e Keith Richards.

Feliz semana!


Que sabes da CERÁMICA?

cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado.

 Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro.

 A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. 

Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

Visita as coleccións do Museo Massó e o Museo de Pontevedra.




Ningún comentario: