7 de xan. de 2023

Raquel, premio Sofía Novoa

As nosas felicitacións para Raquel (alumna en prácticas durante o curso 21/22 e unha valiosa contadora de historias) por ser unha das premiadas nos premios Sofía Novoa convocados pola Deputación de Pontevedra polo seu traballo de Fin de Grao  “O traballo por proxectos e o álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en Educación Infantil”, relacionando o traballo por proxectos e o álbum ilustrado para abordar cuestións de xénero e promover a igualdade en 5º de Infantil.

Podes ler a noticia en Faro de Vigo e na páxina da Deputación de Pontevedra.

Parabéns por este premio e polo teu traballo ben feito!



1 comentario:

Anónimo dixo...

Parabéns! Moi merecido 👏