Espéranos unha intensa semana chea de actividades; luns inicio da primavera, martes Día da Poesía, Día das Árbores, dos Bosques, Día da Síndrome de Down, visita de Ledicia Costas.....
E para empezar con moita enerxía imos escoitar, durante o tempo de entrada, esta preciosa canción do grupo británico The Beatles titulada "Here comes The Sun"(1969).
The Beatles foi un grupo musical de pop e rock que empezaron a tocar en diferentes pubs da cidade de Liverpool. Iniciaron a súa andaina na decada de 1960 con gran influencia na historia da música pop mundial. Os seus integrantes foron John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr.
Gozade do sol da primavera e da música!
Feliz semana e ... un sorriso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario