Gozamos dunha tarde de contos, de brincadeiras, de contos cantados, de contos sorprendentes, de contos rimados, de cancións e contos... todas as persoas xuntas, rapazada e maiores, en familia!
É marabilloso escoitar contos contados e cantados por unha fantástica narradora como Charo Pita.
Os contos son casas de palabras, refuxios. Axudan a entenderse a un mesmo e aos demais, a expresar sentimentos, medos, a entender o mundo que nos rodea. Recomendamos a lectura do libro "Una casa de palabras" de Gustavo Martín Garzo, editado por Océano Travesía, lectura imprescindible tanto para pais e nais como para docentes.
Grazas por acercarvos pola biblioteca e estar tan atentos e atentas! Parabéns!
Una tarde para Escoitar, Observar e Aprender.
Esperámosvos o martes 18 de abril, ás 17,00h , para un obradoiro de cómo contar historias, recursos, técnicas que seguro que xa empregas... con Charo Pita. Animádevos a asistir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario