7 de maio de 2024

Correlingua 2024

 O martes 7 de maio celebramos, en Bueu, o Correlingua 2024!

 Na Praza Massó, os máis cativos participamos nunha sesión de xogos populares grazas ao Club Corredoiras, mentres os rapaces maiores realizaron unha marcha polas rúas do centro de Bueu acompañados por un grupo de gaitas de Hío.

A actriz Isabel Risco exerceu como mestra de cerimonias e un grupo de alumnos do IES Illa de Ons e do IES Johan Carballeira foron os encargados de dar lectura a un manifesto no que se expuxo a necesidade de coidar do noso idioma.

  • “Coidar unha lingua é como coidar unha árbore. É síntoma de intelixencia, respecto e responsabilidade. Apreciar o galego e interesarse por el só nos conecta con cousas boas”
  •  "Falar galego é conservalo e transportalo ao futuro. Fainos mellores. Fainos persoas respectuosas e atentas”
  •  “Nós, e ti tamén, temos o poder de levar o galego dende aquí até acolá”

O grupo A Gramola Gominola  foi o encargado do concerto final.




Ningún comentario: