18 de maio de 2020

18 de maio: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN
Este é o lema do Día Internacional dos Museos 2020, que nós celebraremos toda a semana.
Os Museos favorecen o intercambio cultural desenvolvendo a colaboración e a paz.


Cada día desta semana propoñémosvos unha visita a un museo. 
Iniciamos esta andaina polo que temos máis preto o MUSEO MASSÓ.

"AS EMPREGADAS NA INDUSTRIA CONSERVEIRA"é o título da exposición sobre as mulleres empregadas na conserveira Massó.

A programación do Museo está accesible no blog  https://museomasso.blogspot.com/. Poderás ver:
  • Reproducción en pdf e aplicación multimedia do catálogo editado por Massó Hermanos S.A. en 1924, testimonio do traballo feminino na industria conserveira.
  • Vídeo divulgativo. Acceso dixital ao calendario 2020 editado por Xerais sobre este tema.
  • Elaboración dun puzle dixital realizado a partir da portada da revista Industria Conservera de marzo de 1939 coa imaxe dunha empregada, deseñado por Manuel Torres.

Na páxina do Museo podemos ler:

"O Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas inmediacións do porto de Bueu, na ría de Pontevedra e en pleno corazón da península do Morrazo.  A idea de crear un museo foi suxerida por Guillermo Marconi durante a visita que realizou en 1928 á Fábrica de conservas Massó. No domicilio da familia quedou sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos. Seguindo o seu consello, os irmáns Massó levantaron unha planta sobre o máis antigo edificio da fábrica, e en 1932 nacía o Museo Massó.
Co tempo, os testemuños das factorías conserveira e baleeira e a actividade pesqueira foron completando o perfil do museo. En 1994, despois do peche da fábrica, o museo foi adquirido pola Xunta de Galicia. Hoxe no Museo Massó convive o patrimonio marítimo e industrial co espírito erudito do coleccionismo doutra época."



1 comentario:

Manu dixo...

Encántame o lema!!!!