21 de out. de 2015

VIVA LA BIBLIO!!

Desde o Observatorio da Lectura e o Libro propóñenos celebrar o Día da Biblioteca con #vivalabiblio, unha campaña en Twitter que estará activa do 19 ao 25 de octubre na que, entre todos, podemos facer unha pequena homenaxe a estas institucions tan especiais e a quen as fai posibles. A continuación  explicamosvos como:

.

16 de out. de 2015

AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!

Hoxe comenzou unha nova andaina das mochilas viaxeiras, unha actividade que levamos desenvolvendo  todos os anos e que é moi ben recibida.

                            Deixámosvos unha mostra delo!








ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES TANTO COMO EN XORNADAS ANTERIORES!!

12 de out. de 2015

DE FRANKENSTEIN Á ÚLTIMA TECNOLOXÍA DA LUZ.

Aquí vos deixamos un cuestionario sobre a exposición que temos no colexio.

9 de out. de 2015

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!

Hoxe abrimos a biblioteca! Para celebralo os nenos e nenas de 6º de primaria fixeron unha adaptación dun conto que nos gusta moito "O grilo silandeiro". Na Hora de Ler todo o alumnado se acercou  para escoitar  a fermosa historia da man dun grupo de "Voluntarios lectores".Foi todo un éxito!!!


MOITAS GRACIAS!!!!



8 de out. de 2015

NOBEL DE LITERATURA 2015!

A escritora e periodista bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015.
 

Autora de "Voces de Chernóbil" e "Tiempo de segunda mano"é considerada como unha mestra da reportaxe literaria. Unha escritora que retrata a realidade e o drama da poboación da antiga URSS ,así coma os sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflictos do presente.

7 de out. de 2015

DE FRANKENSTEIN Á ÚLTIMA TECNOLOXÍA DA LUZ!

Como peche ao PDI, desenvolvido ao longo do curso 2014-15  "conCiencia" e relacionado co Ano Internacional da Luz, temos a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición cedida polo IES Johan Carballeira de Bueu na entrada do colexio.
Un traballo que parte da novela "Frankenstein o el moderno Prometeo" de Mary Shelley,considerada a pioneira do xénero da ciencia  ficción, para chegar,a través da investigación dos descubrimentos científicos que inspiraron a autora , á posibilidade de xerar luz a partir da corriente eléctrica.Un traballo  no que estamos a investigar e descubrir cousas moi interesantes.



Dende aquí queremos agradecer ao IES JOHAN CARBALLEIRA  o préstamo desta exposición  e darlle os nosos máis sinceros PARABÉNS polo traballo tan ben feito. MOITÍSIMAS GRACIAS!!!





6 de out. de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2015

A escritora Ledicia Costas gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 pola súa novela "Escarlatina,a cociñeira defunta".
Un libro que obtivo un gran éxito entre os nosos lectores do Club de lectura e 5º de primaria e que recomendamos. Foi todo un pracer podela ter entre nós e compartir uns momentos moi agradables.
                                     PARABÉNS Ledicia !!!