4 de nov. de 2015

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO!!!

Hoxe celebramos o "Día da ciencia " con unha fermosísima  exposición  oral dos nenos e nenas de 5º de INFANTIL sobre "Os bichiños".
Remataron a súa exposición con un rap moi divertido ao que todos e todas nos unimos cantando e bailando.
Ademais teremos ao longo de todo novembro, "Mes da ciencia", unha exposición de bichiños para que toda a comunidade educativa poida disfrutar dela e aprender moito .





Se queredes escoitar  e ver o traballo podedes entrar no blog de infantil http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com.es/

29 de out. de 2015

O SAMAÍN!!

 Esta semana foi  terrorífica!!!
 Lecturas,cabazas, contacontos, dramatizacións e para remate un poema de medo de Manuel María e o  audiconto "A bruxa regañadentes" na  biblioteca .Que medo!!!







23 de out. de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

Hoxe,na Hora de LER, foi un día moi especial para a nosa biblioteca e sobre todo para a nosa mascota. . Os nenos e nenas de 6º de primaria iniciaron o proxecto documental "BICHIÑOS"  cunha exposición oral  sobre "Belusiña".
Un traballo de investigación e ficción onde descubrimos que os vagalumes son invertebrados, artrópodos, insectos coleópteros, a súa metamorfose ... e tamén a "historia de Belusiña",onde naceu,o nome dos seus pais,como chegou ata Beluso e se quedou con nós, na nosa biblioteca... Un traballo realmente fantástico.
                                        PARABÉNS!!!

 

    Ao final Belusiña agasallounos cunha  piruleta a todos, pequenos e maiores.

                   VIVA A BIBLIO!!!!

OS AMIGOS MAIS NOVOS DE BELUSIÑA!!!

Hoxe os nenos e nenas de 4º de infantil recibiron o carné da biblioteca e as bolsas viaxeiras.

Que contestos se puxeron con esta sorpresa que Belusiña lle tiña gardada .


                                     Benvidos amiguiños!!!


21 de out. de 2015

VIVA LA BIBLIO!!

Desde o Observatorio da Lectura e o Libro propóñenos celebrar o Día da Biblioteca con #vivalabiblio, unha campaña en Twitter que estará activa do 19 ao 25 de octubre na que, entre todos, podemos facer unha pequena homenaxe a estas institucions tan especiais e a quen as fai posibles. A continuación  explicamosvos como:

.

16 de out. de 2015

AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!

Hoxe comenzou unha nova andaina das mochilas viaxeiras, unha actividade que levamos desenvolvendo  todos os anos e que é moi ben recibida.

                            Deixámosvos unha mostra delo!








ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES TANTO COMO EN XORNADAS ANTERIORES!!