O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria realizaron un percorrido didáctico por Cabo Udra, visitando a aula de Natureza e o espazo natural.
Puideron ver flora e fauna característica da zona: saltóns, araña-tigre, toxos,..
Baixaron e subiron andando demostrando a súa forma física.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
1 de out. de 2018
30 de set. de 2018
AUDICIÓNS MUSICAIS
Esta semana rendemos homenaxe a María do Ceo , cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia.
Fado : O fado é a expresión máis coñecida internacionalmente da música portuguesa. No fado exprésanse as
experiencias da vida a través do canto. Xeralmente cántao unha soa persoa, os temas máis cantados son
a morriña, a nostalxia ou pequenas historias do vivir diario dos barrios humildes.
María do Ceo canta sempre de negro con dous ou tres instrumentos tradicionais, guitarra, viola, guitarra
portuguesa e un acordeón. Empezou a cantar en 1988 pero non foi ata 1995 cando se creou Alfama, grupo ao
que vai unido desde entón o seu nome e que a acompaña en cada un dos seus concertos.
26 de set. de 2018
AUDICIÓNS MUSICAIS
Esta semana rendemos homenaxe as mulleres máis importantes do mundo enteiro, as nosas AVOAS, coa canción Miña abuela Manuela, a podemos atopar no libro- disco Pan de Millo.
A compañía pontevedresa "Migallas Teatro" foi constituída como compañía
profesional no ano 1996 aínda que como grupo afeccionado a súa creación data de
1992.
Os arranxos e adaptacións están
feitos por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, músicos e educadores, membros do
grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega
tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César
Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.
DISFRUTADE COA MÚSICA!!!
20 de set. de 2018
RUTA POLOS DEREITOS HUMANOS
O ilustrador Marc Taeger e dous representantes da Asociación de Veciños da Banda do Río estiveron no noso centro para animarnos a coñecer e debuxar os Dereitos Humanos.
O vindeiro sábado, 29 de setembro, no estaleiro do Purro vaise celebrar un obradoiro cuns monitores moi especiais CRISTÓBAL GABARRÓN, MARC TAEGER, LUIS DAVILA, ANA PEZ, FEDERICO FERNÁNDEZ, ALUMNADO DA FACULTADE DE BELAS ARTES de Pontevedra, onde nenos e nenas de 4 a 14 anos debuxarán a súa interpretación dos Dereitos Humanos.
Os traballos exporanse en outubro en diferentes espazos de Bueu e haberá unha selección para participar no concurso internacional.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
17 de set. de 2018
FICBUEU 2018
O xoves 13 e o venres 14 de setembro asistimos á Sección Infantil do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria, visionaron seis curtas e 4º, 5º e 6º de primaria disfrutaron doutras cinco diferentes.
DISFRUTAMOS MOITO DAS CURTAS!!!
12 de set. de 2018
DESPEGAMOS!!!
"Imos construír un mundo mellor para todos e todas".
Dra. Maggie Aderin- Pocock (Membro da Orde do Imperio Británico e científica espacial).
11 de set. de 2018
CHEGA O VERÁN!!
Chega o verán e con el as ansiadas vacacións!!
Para este último día a ANPA organizou unha festa de despedida na que a "espuma" puso o broche final refrescándonos a todos e todas!! Pasámolo xenial!E coma todos os anos despedímonos desexándovos unhas moi boas vacacións e moi boas lecturas!! Estas son as nosas recomendacións :
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








