21 de maio de 2019

EXHIBICIÓNS DEPORTIVAS

Seguimos disfrutando das actividades da XXXII SEMANA CULTURAL E LETRAS GALEGAS, esta mañán tivemos exhibición de taekwondo, zumba e ximnasia rítmica.
Para o alumnado participante e o público en xeral foi unha sesión moi entretida causando sensación os exercicios realizados.



Mens sana in corpore sano

20 de maio de 2019

AUDICIÓN MUSICAL

 Esta semana  rendemos homenaxe ao grupo " CREEDENCE CLEARWATER REVIVAL", banda estadounidense de rock and roll,  popular na década de 1970.
 Escoitamos a canción " HAVE YOU EVER SEEN THE RAIN", podedes cantala con esta versión de karaoke e así mellorar o voso inglés!!!




15 de maio de 2019

ANTONIO FRAGUAS

    Este ano o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas é ANTONIO FRAGUAS, o seu labor é a  de recuperación e transmisión  de tradicións propias da nosa comunidade. Nesta época na que todo cambia a un ritmo vertixinoso, temos a sensación  de que o mundo rural e a lingua galega teñen cada vez  menos seguidoras e seguidores.
 Vos deixamos unhas páxinas web para investigar un pouco e coñecelo:
 - https: //anxopictogramas.blogspot.com/2019/03/conto-con-pictogramas-casamento-da-pulga.html
- https://seminariogalan.org//
- https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas


  " Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces, acertei, outras non pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio"
ANTONIO FRAGUAS

 Desde o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Neste ano 2019 as nenas e os nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática e informacional traballaron sobre ANTONIO FRAGUAS, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e preséntannos un documento imprescindible para achegarse ao escritor e a súa obra. 

 Parabéns, un ano máis, por un proxecto de alta calidade e estabilidade.

 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

  O martes 14 de maio, tivemos a última reunión deste curso, nela conversamos arredor do libro " La trenza ", escrito por Laetitia Colombani e publicado pola editorial Salamandra. Esperámosvos o curso que vén co libro " SENLLEIRAS" escrito por Antía Yanez.
 Ainda que os vosos fillos e fillas baixen para o instituto podedes asistir. Formades parte da nosa comunidade educativa.
  Entre nós creouse un lazo invisible moi especial...

  Algunhas das opinións:

A pesar de que eu non podo participar do Club de lectura polo meu horario laboral, a idea paréceme magnífica. Penso que ler sabendo que vas compartir unha parte desa lectura con outras persoas ou incluso con quen escribiu o libro é moi enriquecedor. Os libros se len cunha perspectiva máis participativa cando sabes que vas formar parte dunha tertulia, e desa tertulia seguro que saquedes puntos de vista que ao mellor non se tiñan en conta na lectura individual da obra. A min dame moita pena non formar parte desas tertulias pero procuro ler os libros que ides recomendando. Loxicamente uns gustan máis que outros, pero o interesante é ler e descubri estilos, escritores/as...
Un saúdo e a continuar coa iniciativa! SARA

- Este e o meu primer club de lectura, e como lectora novata, podo dicir que foi unha experiencia agradábel en sobre todo moi divertida. Custoume dar o paso a participar no club, tiña un pouco de medo de non encaixar, non son unha super lectora, teño pouco recorrido na lectura. Pero alégrome de dar o paso, e pertencer a este club de lectura.
Non coincido moito na elección acerca dos libros que tratamos, pero aínda así, a charlas e debates que se producen na xuntanza, e moi enriquecedora. Seguiremos charlando, dialogando e rindo, grazas a lectura. CRISTINA
- Hola, me encanta lo del club de lectura,aunque a veces los libros no sean de gusto,siempre son interesantes.
Conocer nuevos escritores y gente con los mismos gustos.
Espero poder continuar.
Gracias. ROSA

- Hola!, a min a iniciativa do club de lectura encántame. Pasamos un bo rato xuntas  comentando os libros que lemos, dando as nosas opinións,  falando de temas que seguen pasando na actualidade cando se da o caso. Personalmente penso que é unha actividade moi beneficiosa, ademais de poder coñecernos un pouco mais a causa de algo tan maravilloso como é a lectura.
Bicos. ESTHER BARREIRO

- A miña opinión do club: "supón un xeito diferente de relacionarnos entre as mestras e as nais que participamos no mesmo, xa que difire das relacións que establecemos como ensinantes. Nunca antes asistira a un club de lectura e, para min, o feito de compartir lecturas, me proporciona unha percepción máis ampla que a obtida coa lectura individual, grazas ás achegas de cada membro do club". Un saúdo. VANESSA


 DISFRUTADE DUN VERÁN MOI LECTOR!!!!


XXXII SEMANA CULTURAL

 Dende o 13 ao 24 de Maio celébrase en Beluso a XXXII Semana Cultural e Letras Galegas



       

14 de maio de 2019

"Somos de palabra" con Míriam Ferradáns

A biblioteca encheuse de palabras e de poesía da man da poeta Míriam Ferradáns. O alumnado de 6º de Primaria xogou coas palabras para rematar elaborando o seu propio poema, o cal levaron de recordo nun marcapáxinas. Aquí tedes algúns dos poemas que escribiron:

"Teño un coello
mono e peludo.
Chámase Bruce
e come cus-cús".

"Voando vou,
voando veño,
Teño a mente
chea de inventos,
tendo o bolso
cheo de mentos".

"Quero que me queiran,
quero que me escoiten,
quero que me canten,
quero que me mezan,
quero ser feliz".

"Escribir en galego
ou escribir en castelán,
ao final a decisión
está na túa man.
Que máis dá o idioma,
que máis dá a fala,
se ao final o que escribe
é a túa alma".







VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO

Hoxe estiveron con nós catro voluntarias da Protectora de Animais do Morrazo, con León, Chispa e Nevado, tres canciños acollidos pola protectora. As voluntarias informáronnos da importancia de ser coidadosos á hora de elixir un ser vivo como agasallo e da necesidade de coidar axeitadamente das nosas mascotas.