17 de out. de 2019

CARTA DE BELUSIÑA

Hoxe recibimos unha carta de Belusiña. Di o seguinte:


Beluso, 17 de outubro de 2019
Bo día:
Como sabes, todos os anos facemos unha festa de inauguración da biblioteca, polo que, espérote este venres durante a Hora de Ler.
A partir do luns podes visitarme durante o recreo, ademais podes vir cos teus profes e pola tarde coa túa familia.
Na nosa biblioteca non só podes prestar, tamén buscar información tanto nos libros coma nos ordenadores. 
Xunto cos espazos que xa coñeces, temos dous novos: BIBLIOLAB E BIBLIOMAKER.
Non faltes. Vén a descubrilos.
ESPÉROTE.
BIQUIÑOS LECTORES.


BELUSIÑA


 Que serán o Bibliolab e o Bibliomakert?

Agárdannos moitas sorpresas na Biblioteca!

13 de out. de 2019

Belusiña en ...

Queres saber por onde anda Belusiña?
Visita o blog de Inglés The world of English Beluso
http://woebeluso.blogspot.com/

11 de out. de 2019

ROSA CARAMELO E OUTRAS HISTORIAS

O Centro Social do Mar acollerá o 13 de outubro, ás 18.00 h, o espectáculo infantil «Rosa Caramelo e outras historias» no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.


 Unha oportunidade para gozar da música e o teatro!

4 de out. de 2019

CONTACONTOS MUSEO MASSÓ

Hoxe, presentación e contacontos no Museo Massó con Paula Carballeira.
Unha magnífica oportunidade para visitar o Museo do noso pobo.
ANÍMATE, PASA UNHA TARDE NO MUSEO!

1 de out. de 2019

AUDICIÓNS MUSICAIS

  Esta semana entramos na escola ao son de John Lennon e a súa canción IMAGINE, encántannos a súa letra: "Imagina a toda la gente, viviendo la vida en paz...imagina que no hay paises..."


Resultado de imagen de john lennon

Gozade coa música!!!