5 de maio de 2020

Día 51: 05.05.20 Hora de Ler na distancia con... profe Sole.

Hora de Ler na distancia con... profe Sole.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com


Agardamos as vosas lecturas! 

4 de maio de 2020

Semana da FEIRA DA CIENCIA E A LITERATURA virtual

Este sábado día 9 de maio estariamos celebrando, con todos os centros educativos do concello de Bueu, a III Feira da Ciencia e a Literatura organizada polo IES Johan Carballeira; onde o alumnado voluntario de 6º tería unha gran misión.
Pero... Belusiña proponvos facer unha semana moi científica e literaria...ANIMADEVOS!.
Comezamos hoxe luns cun

EXPERIMENTO: Tensión superficial e Efecto Marangoni. 

Necesitas:
  • Bol con leite
  • Colorante alimentario
  • Xabón líquido
  • Prato con auga
  • Pementa negra


Podes gravar a súa realización e enviala ao correo da biblioteca: biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Recomendamos a lectura de "O MONSTRO DAS CORES" escrito e ilustrado por Anna Llenas.

Día 50: 04.05.20 Hora de Ler na distancia con... Eva (6º EP)

Hora de Ler na distancia con... Eva.




Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com


Agardamos as vosas lecturas! 



3 de maio de 2020

Día 49: 03.05.20 Cine en familia: BILLY ELLIOT. QUIERO BAILAR

Billy Elliot é unha película sobre a autoestima, a necesidade de ser como un queira, afrontar as dificultades e superalas. Cuestiona as funcións atribuídas ao xénero masculino e ao feminino.
Narra a historia dun neno que terá que loitar contra os estereotipos e os prexuízos por non querer ser boxeador e querer ser bailarín.
Tráiler:
Ficha técnica: 
Título: BILLY ELLIOT. QUIERO BAILAR
Dirección: Stephen Daldry.
País:  Reino Unido. 2000. 110 min.
Intérpretes: Julie Walters (Sra. Wilkinson, profesora de danza), Jamie Bell (Billy Elliot), Jamie Draven (Tony Elliot), Gary Lewis (pai, Jackie Elliot), Jean Heywood (avoa), Stuart Wells (Michael), Mike Elliot (George Watson), Janine Birkett (nai de Elliot), Nicola Blackwell (Debbie Wilkinson).
Guión: Lee Hall.
Música: Stephen Warbeck.
Fotografía: Brian Tufano.

Tamén existe un musical de moito éxito, votado polo público como o mellor musical na historia dos premios Broadway World 2018.     
FELIZ DOMINGO!

2 de maio de 2020

2 de maio: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O acoso escolar, tamén chamado "bullying", é un dos grandes problemas aos que nos enfrontamos actualmente tanto na escola como na sociedade. 
Segundo UNICEF, 2 de cada 3 nenos ou nenas foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez, tanto física coma psicoloxicamente.
Cada un de nós pode axudar a previr e erradicar este problema que afecta á saúde mental, a calidade de vida e ao rendemento académico das vítimas. Temos que educar en valores sociais e morais positivos, estimulando a autoestima.


TODOS SOMOS IGUAIS, AÍNDA QUE DIFERENTES.

Escoita este conto:

Rapea con El Langui:

Máis información no blog de Montemogos Orienta

Día 48. 02.05.20 MINUTOS MUSICAIS!!

Esta semana a audición musical está relacionada co "Día do libro"(23 de abril) e o"Día da danza"(29 de abril).Estamos a falar do ballet clásico  ¨Don Quixote¨ Composto por Ludwig Minkus e representado por vez primeira no Teatro Bolsoi de Moscú no ano 1869.
O ballet, en tres actos, está baseado na novela de Cervantes, e en particular no episodio narrado no capítulo XIX da segunda parte, na que se relata os amoríos entre o barbeiro Basilio e a xoven Quiteria (Kitri no ballet), ademais das aventuras de Don Quixote e Sancho arredor da xoven parella.
Déixovos o final do primeiro acto, espero que o disfrutedes:
     BOA SEMANA!!!

1 de maio de 2020

Día 47: 01.05.20 OS BELULECTORES RECOMENDAN:


O alumnado de 6º de Primaria quere compartir con vós estas recomendacións lectoras. Son uns fantásticos e fantásticas booktubers e tamén músicos e cantantes.
Para comprobalo entrade na páxina de CLUB DE LECTURA OS BELULECTORES neste blog.

Como iniciamos o mes de maio, recitade este poema de Curros Enríquez:

O MAIO

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,

calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...



Cando eu me atopare

de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...



Queredes castañas

dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra