1 de maio de 2020

Día 47: 01.05.20 OS BELULECTORES RECOMENDAN:


O alumnado de 6º de Primaria quere compartir con vós estas recomendacións lectoras. Son uns fantásticos e fantásticas booktubers e tamén músicos e cantantes.
Para comprobalo entrade na páxina de CLUB DE LECTURA OS BELULECTORES neste blog.

Como iniciamos o mes de maio, recitade este poema de Curros Enríquez:

O MAIO

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,

calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...



Cando eu me atopare

de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...



Queredes castañas

dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros EnríquezAires da miña terra

1 comentario:

Manu dixo...

Grazas maiores do cole!