Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura.
Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Este sábado día 9 de maio estariamos celebrando, con todos os centros educativos do concello de Bueu, a III Feira da Ciencia e a Literatura organizada polo IES Johan Carballeira; onde o alumnado voluntario de 6º tería unha gran misión.
Pero... Belusiña proponvos facer unha semana moi científica e literaria...ANIMADEVOS!.
Comezamos hoxe luns cun
EXPERIMENTO: Tensión superficial e Efecto Marangoni. Necesitas:
Bol con leite
Colorante alimentario
Xabón líquido
Prato con auga
Pementa negra
Podes gravar a súa realización e enviala ao correo da biblioteca: biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Recomendamos a lectura de"O MONSTRO DAS CORES" escrito e ilustrado por Anna Llenas.
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura.
Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Billy Elliot é unha película sobre a autoestima, a necesidade de ser como un queira, afrontar as dificultades e superalas. Cuestiona as funcións atribuídas ao xénero masculino e ao feminino.
Narra a historia dun neno que terá que loitar contra os estereotipos e os prexuízos por non querer ser boxeador e querer ser bailarín.
Tráiler:
Ficha técnica:
Título: BILLY ELLIOT. QUIERO BAILAR
Dirección: Stephen Daldry.
País: Reino Unido. 2000. 110 min.
Intérpretes: Julie Walters (Sra. Wilkinson, profesora de danza), Jamie Bell (Billy Elliot), Jamie Draven (Tony Elliot), Gary Lewis (pai, Jackie Elliot), Jean Heywood (avoa), Stuart Wells (Michael), Mike Elliot (George Watson), Janine Birkett (nai de Elliot), Nicola Blackwell (Debbie Wilkinson).
Guión: Lee Hall.
Música: Stephen Warbeck.
Fotografía: Brian Tufano.
Tamén existe un musical de moito éxito, votado polo público como o mellor musical na historia dos premios Broadway World 2018.
O acoso escolar, tamén chamado "bullying", é un dos grandes problemas aos que nos enfrontamos actualmente tanto na escola como na sociedade. Segundo UNICEF, 2 de cada 3 nenos ou nenas foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez, tanto física coma psicoloxicamente. Cada un de nós pode axudar a previr e erradicar este problema que afecta á saúde mental, a calidade de vida e ao rendemento académico das vítimas. Temos que educar en valores sociais e morais positivos, estimulando a autoestima.
Esta semana a audición musical está relacionada co "Día do libro"(23 de abril) e o"Día da danza"(29 de abril).Estamos a falar do ballet clásico ¨Don Quixote¨ Composto por Ludwig Minkus e representado por vez primeira no Teatro Bolsoi de Moscú no ano 1869.
O ballet, en tres actos, está baseado na novela de Cervantes, e en particular no episodio narrado no capítulo XIX da segunda parte, na que se relata os amoríos entre o barbeiro Basilio e a xoven Quiteria (Kitri no ballet), ademais das aventuras de Don Quixote e Sancho arredor da xoven parella.
Déixovos o final do primeiro acto, espero que o disfrutedes:
O alumnado de 6º de Primaria quere compartir con vós estas recomendacións lectoras. Son uns fantásticos e fantásticas booktubers e tamén músicos e cantantes.
Para comprobalo entrade na páxina de CLUB DE LECTURA OS BELULECTORES neste blog.
Como iniciamos o mes de maio, recitade este poema de Curros Enríquez: