O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
14 de mar. de 2021
MINUTOS MUSICAIS!
Hai un ano...
Que te dirías a ti mesma/mesmo hai un ano...?
12 de mar. de 2021
"MARUXA"
As nenas e nenos de 6º de Infantil dramatizan, dun xeito moi fermoso, o álbum ilustrado "MARUXA".
10 de mar. de 2021
"EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN"
Os nenos e nenas de 4º de primaria adican a canción "Eu teño alguén" de María Fumaça, en lingua de signos, a todas as mulleres que levamos no corazón.
FELICIDADES A TODAS!!!
FERMOSO TRABALLO, MOITAS GRAZAS!!!
9 de mar. de 2021
Os soños poden facerse realidade: 8 de Marzo.
Hoxe, 8 de marzo, tivemos unha nova Conexión Biblioteca na que Xavi e Yanira de 6º de Primaria nos presentaron a exalumnas futbolistas. Queredes coñecelas?
https://www.youtube.com/watch?v=hfm62OnjM68
Tamén nos presentaron a Eva e Ariane, dúas futbolistas que nos transmitiron que os soños poden facerse realidade e queremos que as coñezades:
E, para rematar, escoitamos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" relatado polo alumnado de 3º de Primaria.
https://www.youtube.com/watch?v=mEF_5tWTs28
Grazas, a todas as persoas participantes por transmitirnos a necesidade de acadar a igualdade entre xéneros.
8 de mar. de 2021
8 de marzo: DÍA DA MULLER
Cada 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER para recordarnos que a igualdade,
a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos para avanzar cara
a unha sociedade máis xusta, pacífica e sostible.
Ponte a proba con este genially:
https://view.genial.ly/603d148ddbdb4b0d14453228/interactive-content-mulleres-futbolistas
COMPROMÉTETE COA IGUALDADE DE XÉNERO!O sexo non determina as capacidades persoais porque:
Todas e todos somos capaces.
Todos e todas somos esenciais.
Todas e todos somos importantes.
Todos e todas somos imprescindibles.
Todas e todos somos responsables.
Todos e todas somos diferentes.
Todas e todos somos iguais.
A IGUALDADE É TAREFA DE TODOS E TODAS!
FORMAS PARTE DA XERACIÓN IGUALDADE!
FELIZ DÍA DA IGUALDADE!
7 de mar. de 2021
MINUTOS MUSICAIS!
Nesta semana, na que celebramos o "Día Internacional da Muller", escoitaremos dúas cancións da man de dúas cantantes galegas de éxito : "Matriarcas" de Guadi Galego e "Eu non son fada nen princesa" de SÉS. Cancións cunha mensaxe de empoderamento á muller.
BOA SEMANA!!




