Ao longo desta semana propoñemos a audición do 1º movemento de "A Primavera", un concerto para violín e orquestra composto polo músico italiano Antonio Vivaldi (Venecia, 1678- Viena, 1741), que forma parte da súa obra máis coñecida "As catro estacións". Unha obra programática na que Vivaldi a través da música expresa o paso das estacións do ano.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
11 de abr. de 2021
MINUTOS MUSICAIS!
9 de abr. de 2021
HOTEL DE BICHOS!
BENVIDOS AO NOSO HOTEL DE BICHOS!
Hoxe tivo lugar a gran inauguración do HOTEL DE BICHOS.
Os nenos e nenas de 4º de Primaria expuxeron un marabilloso traballo sobre os bichos e a súa importancia nos ecosistenas,
8 de abr. de 2021
PLANTACIÓN DE ÁRBORES
7 de abr. de 2021
Encontro con Ledicia Costas
Un ano máis, da man da editorial Xerais, a escritora Ledicia Costas compartiu o seu tempo con nós. Nesta ocasión, o alumnado de 4° de Primaria, a través dunha videoconferencia, puido comentarlle as súas impresións sobre o libro Vampira de biblioteca e resolver as súas dúbidas sobre o mesmo.
Ledicia explicou todo o que o alumnado preguntou en relación co libro e así quedou claro por que elexiu unha vampira e non un vampiro, por que a vampira é intolerante ao sangue, por que o avó se chama Marciano, por que fala da biblioteca de Coimbra ou por que se decantou polo nome de Eleonora para a vampira.
Foi un encontro moi, moi entretido arredor dun libro: a lectura ten a capacidade de xerar momentos únicos.
Grazas, Ledicia!
4 de abr. de 2021
MINUTOS MUSICAIS!
A proposta musical para esta semana é o tema do grupo galego MILLADOIRO que leva por título "ABRIL".
BOA SEMANA!!!
2 de abr. de 2021
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.
28 de mar. de 2021
MINUTOS MUSICAIS!
Este luns día 29 de marzo é o "Día Mundial do piano". Esta iniciativa do pianista alemán Nils Frahm celébrase dende 2015 o día 88 de cada ano, un número símbólico que representa a cantidade de teclas que ten este instrumento. A proposta musical para esta semana será Chopin, un dos máis grandes pianistas de todos os tempos. Disfrutade cun dos nocturnos máis coñecidos e fermosos: Nocturno Op. 9, Nº 2.
BOA SEMANA!!!







