3 de dec. de 2021

EL NATURALISTA COJO, capacidades diferentes


Nesta semana en que conmemoramos o Día da diversidade funcional, os nenos e nenas de 2º de primaria abrimos a ventana máxica de internet para coñecer a unha persoa excepcional que nos deixou completamente abraiados: Manu Sobrino, El Naturalista Cojo.

Antes de coñecelo, e logo de averiguar que un naturalista é unha persoa que ama e estuda a natureza, a profe fíxonos a seguinte pregunta: 

-"Se un naturalista ten que ir polo monte, polas beiras dos ríos, achegarse a unha marisma... Será quen de facelo se ten que desprazarse en cadeira de rodas?" 

Naturalmente, todos e todas respondemos axiña con un sonoro:

- "Nooooon!!! É imposible!!"

Claro: hai pedras, costas, obstáculos no camiño... 

Se aínda é difícil ás veces para nós camiñar por eses lugares, como poderiamos facelo con cadeira de rodas? 

O que non sabiamos nese momento é que era Manu quen nos ía dar a verdadeira resposta a esta pregunta... E deixounos sen palabras!

As fermosas imaxes obtidas tras horas e horas de observación deste incansable naturalista en diversas paraxes naturais marabillábannos. 

Ante os nosos ollos desfilaban fermosísimos instantes da vida salvaxe: un corvo mariño soleando a súa plumaxe trala pesca diaria, a pequena píllara das dunas que protexe ás crías finxindo estar ferida para desviar a atención dos depredadores, a impresionante aguia pescadora, o picapeixe, os impresionantes lagartos arnais, o pícaro raposo ou a acrobática lontra facían saír exclamacións de admiración en todos nós. 

Pero o que máis nos abraiou foi a forza de Manu: non só a forza dos seus fortes brazos, entrenados día a día para superar baches, pedras e polas caídas nas sendas que percorre, senón a forza da súa vontade.

El sempre di: "La vida te pone obstáculos; los límites los pones tú". E nestes vídeos descubrimos a súa fortaleza persoal, o seu constante espírito de superación, e tamén a arma secreta que a todos e todas nos dá un inmenso poder: a solidariedade! Porque vendo a Manu percorrer a ruta dos muíños do Folón e do Picón, nun primeiro experimento de ruta inclusiva, puidemos comprobar como coa axuda dos demais non hai barreiras nin obstáculos posibles. 

Grazas, Manu, por ensinarnos tantas cousas!



Escribindo cartas a  Manu:




28 de nov. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!!

Nesta semana na que se celebra o "Día Internacional das Personas con Diversidade Funcional" propoñemos a audición do 1º movemento do "Concerto de Aranjuez" para guitarra e orquestra, obra cumbre do músico e compositor español Joaquín Rodrigo.

Joaquín Rodrigo quedou practicamente cego cando tiñla tan só tres anos, a causa da difteria, esta circunstancia faría-como el mesmo dixo- que se adicase á música.

No ano 1996, Joaquín Rodrigo recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, outorgado por vez primeira a un compositor. 

FELIZ SEMANA!!


25 de nov. de 2021

25 de NOVEMBRO: II MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana estivemos lendo libros relacionados cos Dereitos da Infancia e contra a Violencia de Xénero.

Hoxe realizamos a II Marcha contra a Violencia de Xénero arredor do centro.

A continuación o alumnado de 6º de Primaria deu lectura ao seu Manifesto e gardamos un minuto de silencio. 




NON á VIOLENCIA... SI ao DIÁLOGO!!!

24 de nov. de 2021

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

TOUPICIENCIA. A XANELA DE MAXÍN

Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.


 Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.
 Pincha na imaxe para acceder ao vídeos.

21 de nov. de 2021

Minutos musicais!

Nesta semana que celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER" escoitaremos a canción de Rozalén, que xa se está a converter nun himno por estas datas, "La puerta violeta".

Deixámosvos un video feito polo alumnado de 6º de primaria o curso pasado e outro  en Lingua de signos.

 

 
      
  Feliz semana!!                             

19 de nov. de 2021

20 N "DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA"

Con motivo do "Día Internacional dos Dereitos da Infancia" o alumnado de 6º de primaria len o libro "Tengo derecho a ser niño" de Alain Serres da editorial BLUME.


                 MOITÍSIMAS GRAZAS NENOS E NENAS!!!!

18 de nov. de 2021

EXPERIMENTOS NO MES DA CIENCIA

O alumnado de Infantil investigou sobre os volcáns creando un.

Participaron enchendo o patio de pompas, incluso deseñaron os seus propios artefactos pompeiros.

Visitaron a exposición de material de laboratorio no corredor da Biblioteca.


GOZADE COA CIENCIA!