21 de xan. de 2022

Contacontos: A CEBRA CAMILA

As nenas e nenos voluntarios de 6º de Primaria, Sabela, Neves, Candela e Álvaro prepararon o conto "A cebra Camila".

O mércores gozaron da sesión de contacontos o alumnado de Infantil e o venres 1º, 2º e 3º de Primaria.

 




Aquí vos deixamos unha gravación do conto por si queredes volver a escoitalo:


MOITÍSIMAS GRAZAS POR CONTAR E POR ESCOITAR!


Club de lectura: INVISIBLE

 Iniciamos este segundo trimestre, os dous clubs de 6º,  coa lectura de INVISIBLE, escrito por Eloy Moreno.



16 de xan. de 2022

VISITA AO HOTEL DE BICHOS

Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron o noso HOTEL DE BICHOS.

Poidemos observar e ser observados por lagartos, abellas... 

Foi unha experiencia emocionante!



MINUTOS MUSICAIS

Nesta semana celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DO ABRAZO" (21 de xaneiro).
Desde o 2020, por mor  da pandemia, as apertas quedaron reducidas, sobre todo  naquelas persoas que non son conviventes. É por iso que, desde aquí vos animamos a que manifestedes os vosos desexos de abrazar ás persoas queridas, familiares e amigos, xa sexa cun xesto ou con palabras agarimosas. Ao menos ata que poidamos voltar retomar este hábito tan saudable. Porque está demostrado, ABRAZAR é bo para a nosa saúde.

Como audición, deixámosvos unha fermosa canción de Magín Blanco que nos fala disto: "RUMBA DAS APERTAS".



FELIZ SEMANA!!!



10 de xan. de 2022

Cambio de data Club de Lectura de Adultos

 AVISO IMPORTANTE:

Debido á alta incidencia de casos de Covid-19 e para extremar as precaucións, cambiamos a data da reunión do club de mañán día 11 de xaneiro para o martes 8 de febreiro ás 18,30 no local da biblioteca pública. 
Se a situación mellorase nestas 4 semanas poderiamos adiantalo. 
Si queredes podedes enviar algún comentario sobre "Deixádenos remar" e compartirémolo a través do blog. 

A próxima lectura será "UN PAÍS CON TU NOMBRE" de Alejandro Palomas.
Gozade coa súa lectura!

9 de xan. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 Estamos xa de volta, despois das vacacións de Nadal, con moito ánimo e alegría e, como  non , coas nosas audicións semanais.

Comenzamos cun clásico xa destas datas, a "Marcha Radetzky" do compositor Johan Strauss pai.

Na actualidade é moi coñecida porque todos os  1 de xaneiro a Orquestra Filarmónica de Viena remata o seu concerto de Aninovo con esta  obra. Durante a súa interpretación a audiencia aplaude ao compás e o director xírase ao público no canto de facelo coa orquestra.


         FELIZ SEMANA!!!

5 de xan. de 2022

Feliz Noite de Reis!

Estades preparados para esta noite máxica?

Oxalá se fagan realidade os vosos soños.



EL REGALO QUE YO QUIERO

Yo no deseo un regalo
que se compre con dinero.

He de pedir a los Reyes
algo que aquí no tengo:
pido dones de alegría
y la canción de un jilguero,
y la flor de la esperanza
y una fe que venza el miedo.

Pido un corazón muy grande
para amar al mundo entero.

El regalo que yo quiero.

GLORIA FUERTES