18 de abr. de 2022

MINUTOS MUSICAIS!

 Retomamos as audicións musicais esta semana cun fermoso vals "Take this Waltz"  interpretado polo escritor, poeta e cantautor canadiense LEONARD COHEN (premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011).

Leonard Cohen, gran admirador de Federico García Lorca, compuxo unha adaptación, en inglés, do poema "Pequeño vals vienés"  pertencente ao poemario "Poeta en Nova York" do poeta granadino no ano 1988, sendo posteriormente versionada por diversos  artistas, entre outros Enrique Morente, Ana Belén e Silvia Pérez Cruz.


FELIZ SEMANA


10 de abr. de 2022

"Mamá se va a la Antártida"

Raquel contounos un precioso álbum ilustrado: "Mamá se va a la Antártida" de Anna Cabré Albós y Mariona Tolosa Sisteré.

Este libro narra a expedición Homeward Bound á Antártida, na que 100 mulleres viaxan ao Polo Sur para loitar por un planeta máis sostible e reclamar máis liderado feminino.

Anna Cabré é unha física do clima, doutora en cosmoloxía, e unha das españolas que viaxou á Antártida para estudar os efectos do cambio climático coa expedición Homeward Bound. Pero tamén é nai, e sentiu a necesidade de explicarlles aos seus dous fillos cal é o seu traballo cando non está na casa: a bordo dun barco laranxa, axuda a icebergs, baleas e focas a salvar o Polo Sur.


Moitas grazas Raquel por contarnos historias tan interesantes!

6 de abr. de 2022

"QUE É UN REFUXIADO?"


"Un refuxiado é unha persoa coma ti e coma min", así empeza o álbum ilustrado ¿Qué es un refugiado? de Elise Gravel, editado por Anaya.

As nenas e nenos de 6º de Primaria comparten a lectura deste libro que nos recorda que todos somos iguais.

Escoita con atención!

5 de abr. de 2022

Visita ao Museo Massó

Esta mañán,  o alumnado de Infantil gozou coa visita e un obradoiro no Museo Massó de Bueu.

Observamos cadros de Urbano Lugrís, unha réplica da nao Victoria, as máquinas da antiga conserveira e todo sobre a caza e a industria arredor das baleas.

Quedamos impresionadas coa colección de libros do Museo. Paseamos entre incunables, libros de láminas, diarios... 


Anímate a coñecer o Museo. Está moi preto de ti!



3 de abr. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian AndersenO obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos
A sección patrocinadora deste ano é Canadá que difunde a mensaxe de Richard Van Camp e o cartel de Julie Flett.

 Ler é liberdade. Ler é respirar.
 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente. 

As historias son menciña. Curan.    Reconfortan. 
Inspiran. Ensinan.

Escoitaremos a canción do grupo  Mamá Cabra, con letra do poema de Ana Mª Fernández, "Tan só con leres un libro"  que nos fala de todo ese poder da lectura. "porque con leres un libro mil mundos podes achar..."

                                            FELIZ SEMANA


2 de abr. de 2022

HORTO ESCOLAR: PLANTACIÓN!

Tempo de primavera. tempo de sementar, tempo de traballar no horto!

Hoxe venres estivemos plantando: tomates, amorodos, leitugas, pementos... con moitísimo cariño.

Agora toca regar, coidar e esperar!






                                        

   GRAZAS A TODOS E TODAS!!


1 de abr. de 2022

Museo de emocións

 

Os nenos e nenas de cuarto queren compartir unha gran investigación e experiencia que levaron a cabo durante o último mes. 

Agardamos que vos guste!