Retomamos as audicións musicais esta semana cun fermoso vals "Take this Waltz" interpretado polo escritor, poeta e cantautor canadiense LEONARD COHEN (premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011).
Leonard Cohen, gran admirador de Federico García Lorca, compuxo unha adaptación, en inglés, do poema "Pequeño vals vienés" pertencente ao poemario "Poeta en Nova York" do poeta granadino no ano 1988, sendo posteriormente versionada por diversos artistas, entre outros Enrique Morente, Ana Belén e Silvia Pérez Cruz.
FELIZ SEMANA
Ningún comentario:
Publicar un comentario