Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Canadá que difunde a mensaxe de Richard Van Camp e o cartel de Julie Flett.
Ler é liberdade. Ler é respirar.
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
A plenitude do teu universo só medra cando les.
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
Inspiran. Ensinan.
Escoitaremos a canción do grupo Mamá Cabra, con letra do poema de Ana Mª Fernández, "Tan só con leres un libro" que nos fala de todo ese poder da lectura. "porque con leres un libro mil mundos podes achar..."
FELIZ SEMANA
Ningún comentario:
Publicar un comentario