2 de abr. de 2023

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

"Son un libro, leme"

O 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

A sección patrocinadora deste ano é Grecia que difunde a mensaxe de Vagelis Iliopoulos e o cartel de Photini Stephanidi co lema "Son un libro, leme"
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.


Cada un de nós é único.
E merece ser respectado,
ser lido sen prexuizos,
ter o seu espazo, o seu andel. 
 
 Vagelis Iliopolus, autor.
 Mercedes Pacheco, tradutora. 

Le a Mensaxe completa.

2 de abril: Día Mundial del Autismo

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade de vida da poboación que ten esta condición.
Quérese promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito en todos os ámbitos da sociedade.

O Autismo ou Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un trastorno de orixe neurobiolóxico que afecta o funcionamento do cerebro e o sistema nervioso e preséntase nas primeiras etapas da infancia.

Esta condición caracterízase por afectar a interacción co mundo exterior, o contacto coas persoas da contorna, así como problemas de comunicación verbal.




Belusiña e Coelliño de Pascua

 O Coelliño de Pascua e Belusiña organizaron unha búsqueda do Tesouro (rico rico) pola Biblioteca con Formación de Persoas Usuarias.

O alumnado de Infantil recibiu unha carta do Coelliño na que os convidaba a ir á biblioteca. Alí tiveron que interpretar tejuelos, buscar o lugar onde podería estar e montar un crebacabezas para atopar o libro e o tesouro!

Parabéns a todas e todos! Fixéstelo xenial! Sodes uns grandes buscadores e buscadoras de tesouros!

Blog de Educación Infantil.

30 de mar. de 2023

Tarde de contos en familia na Biblioteca!

 Gozamos dunha tarde de contos, de brincadeiras, de contos cantados, de contos sorprendentes, de contos rimados, de cancións e contos... todas as persoas xuntas, rapazada e maiores, en familia!

É marabilloso escoitar contos contados e cantados por unha fantástica narradora como Charo Pita.

 Os contos son casas de palabras, refuxios. Axudan a entenderse a un mesmo e aos demais, a expresar sentimentos, medos, a entender o mundo que nos rodea. Recomendamos a lectura do libro "Una casa de palabras" de Gustavo Martín Garzo, editado por Océano Travesía, lectura imprescindible tanto para pais e nais como para docentes.

Grazas por acercarvos pola biblioteca e estar tan atentos e atentas! Parabéns!

Una tarde para Escoitar, Observar e Aprender.


Esperámosvos o martes 18 de abril, ás 17,00h , para un obradoiro de cómo contar historias, recursos, técnicas que seguro que xa empregas... con Charo Pita. Animádevos a asistir!











Acompañamentos lectores!

 Nova cita cos nosos e nosas acompañantes lectores!

É fantástico compartir tempo e lecturas cos amigos e amigas arredor dun libro, dunha historia.


















Grazas por compartir!

28 de mar. de 2023

Creamos con... Josuha Xanbreo

O venres 24 de marzo, gozamos dunha actividade de escritura creativa na Biblioteca, con Josuha Xanbreo.

Creamos personaxes e inventamos a nosa propia historia en banda deseñada.

Foi unha actividade moi divertida!




 

Moitas grazas Josuha por acompañarnos nunha actividade que nos gusta moito: "Creamos con... "


27 de mar. de 2023

Arte floral!

A ANPA Cabo Udra, coa colaboración do Colectivo Independente de Alfombristas de Bueu, elaborou na entrada do centro unha alfombra floral  para promover a paz no mundo. Empregaron elementos vexetais, cunchas...

Esta actividade forma parte de Flowers of Peace, iniciativa internacional promovida pola Asociación Nacional das Infiorate Artísticas, Infioritalia, en colaboración coa Asociación Nacional Ciudad de la Infiorata (Italia).

O proxecto nace dunha idea de Eduardo Carbone, experto mundial en alfombrismo, e consiste na elaboración dun tapiz. O boceto, común a todos os colectivos que se unan a iniciativa, é  co símbolo da paz e unhas dimensións mínimas de 1m x 1m que poderá ser personalizado insertando o nome do pobo que o realizou.


 Parabéns por participar nesta iniciativa artística e solidaria!