7 de abr. de 2024

Minutos musicais!

 Iniciamos semana con eclipse total de sol visible arredor das 21,00 h. deste luns 8 de abril

Un eclipse de sol é un fenómeno astronómico onde a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol oscurecendo momentaneamente o ceo aínda que sexa de día. En España será visible en Galicia e Canarias. 

Esta semana escoitaremos a canción A primavera do grupo Mamá Cabra, incluída no libro-disco-DVD Bicos de música, editorial Galaxia.


Feliz semana!

4 de abr. de 2024

Mochilas viaxeiras 2024

 As mochilas e cadernos viaxeiros non deixan de viaxar de fogar en fogar...

As sorpresas que conteñen este curso están tendo moito éxito!!

Nos cadernos viaxeiros atopamos fermosas narracións e fotos.


 

3 de abr. de 2024

Colaborando na biblioteca!

 Esta mañá un grupo de voluntarias de 6º de Primaria, Sabela, Daniela, Carmen, Sofía e Lucía estiveron  montando en equipo,  un carriño para o recuncho de creativa na biblioteca.



Grazas pola vosa colaboración!

Día Mundial da Concienciación do Autismo

 Desde o  Departamento de Orientación animáronnos a participar no Día sobre a Concienciación do Autismo agasallándonos cunha pulsera azul.

Nas titorías conversamos e visualizamos curtametraxes para saber máis sobre o Trastorno do Espectro do Autismo.


Todas e todos somos diferentes!

 Na diversidade está a riqueza!

Obradoiro: "Programar para aprender, descubrindo con escornabot"

 Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron un obradoiro de robótica da man de Elena e Víctor, especialistas en tecnoloxía educativa do equipo de Competencia Dixital.

"Programar para Aprender: descubrindo con escornabot" era o título do taller colaborativo. Divididos en equipos, con moito diálogo, chegaron a acordos no deseño dos circuítos, na montaxe e na programación dos escornabot desenvolvendo o pensamento computacional.

Unha mañá moi divertida na biblioteca!









2 de abr. de 2024

Día Internacional do Libro Infantil

Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen

O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

 
A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".



Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
 
 
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.

E outras nas aliñas dun gran de area.

Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.

E, de cando en vez, incluso nas dos avións.

Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.

Quizais unha historia fantástica?

Ou prefires unha historia triste? De medo?

Unha para rir ás gargalladas?

E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.

Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:

«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado. 
 

 


1 de abr. de 2024

Minutos musicais!

 Iniciamos trimestre e semana o día 2 de abril, data importante por ser o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e  o Día Internacional do Libro Infantil.

A asociación Familias Azuis, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, creou o videoclip Nun mar azul

Con letra e música de Raquel e Chus Domínguez; está interpretado por Uxía, Magín Blanco, Gustavo Domínguez, Isaac Palacín e mais Pablo Ces. É unha creación de OliconH, con animación de Nacho Laya e pictogramas en galego deseñados por Paxi da Silva.

Conta coa colaboración de nenos e nenas do Morrazo.

Foi gravado na praia de Pinténs, no Hío, na ría de Aldán (Cangas do Morrazo)

Estamos convidados a crear un gran mar azul entre todos e todas para achegarnos e intentar comprender ás persoas con TEA (trastorno do espectro autista) comunicándonos, rompendo barreiras e apreciando as súas potencialidades.




Feliz semana!