Iniciamos trimestre e semana o día 2 de abril, data importante por ser o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e o Día Internacional do Libro Infantil.
A asociación Familias Azuis, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, creou o videoclip Nun mar azul.
Con letra e música de Raquel e Chus Domínguez; está interpretado por Uxía, Magín Blanco, Gustavo Domínguez, Isaac Palacín e mais Pablo Ces. É unha creación de OliconH, con animación de Nacho Laya e pictogramas en galego deseñados por Paxi da Silva.
Conta coa colaboración de nenos e nenas do Morrazo.
Foi gravado na praia de Pinténs, no Hío, na ría de Aldán (Cangas do Morrazo)
Estamos convidados a crear un gran mar azul entre todos e todas para achegarnos e intentar comprender ás persoas con TEA (trastorno do espectro autista) comunicándonos, rompendo barreiras e apreciando as súas potencialidades.
Feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario