O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
12 de maio de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
7 de maio de 2025
CORRELINGUA 2025
O martes 7 de maio celebramos, en Cangas, o Correlingua 2025! Reunímonos todos os centros ao lado da Praza de Abastos e fixemos unha marcha ata o aparcamento da praia de Rodeira. Unha vez alí, despois de merendar, o alumnado dos IES de Cangas leron o manifesto a favor da lingua e rematamos cunha gran actuación de Paco Nogueiras na que cantamos e bailamos.
5 de maio de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Francisco Nogueiras Nodar, coñecido artisiticamente como Paco Nogueiras, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un actor e músico galego.
28 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Zavala é o proxecto musical de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos “Kos” Castro (programacións, bases, visuais) e Víctor Ledo (guitarra, coros).
22 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
14 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da Estrada, Pontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019, tempo no que editou catro álbums de estudio
ademais de tres EPs. As letras das súas cancións caracterízanse polo
compromiso político e a crítica social
Membros:
·
Pablo
Carracedo "Jasper": Guitarra e voz
·
Gustavo Brea
"Gus": Guitarra
·
Antón
Fernández "Torroncho": Baixo
·
X. Ramón
Iglesias "Amós": Batería
7 de abr. de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa,[1] whistle[2] e low whistle

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




