29 de maio de 2015

A RATIÑA PRESUMIDA!

Como remate da temporada de préstamos da biblioteca ( a última semana abriremos só para o préstamo de vacacións) os nenos e nenas de 6º de Ed.Infantil quixeron agasallarnos coa representación do conto:
 "A RATIÑA PRESUMIDA" ao que lle puxeron tamén efectos sonoros.



UNS VERDADEIROS ARTISTAS!!!

INMERSIÓN LINGUÍSTICA!

Hoxe tivemos unha visita excepcional, Ana, unha rapaza londinense que está de vacacións por Galicia, acercóuse ata o noso colexio para contar contos aos máis pequenos e falar cos maiores sobre Londres, os seus gustos, a súa vida...foi unha xornada de intercambio cultural moi interesante!





Moitas gracias Ana por adicarnos o teu pempo!

27 de maio de 2015

FESTA NO CLUB DE LECTURA

Hoxe, mércores, foi día de festa no club de lectura. Disfrutamos dos postres elaborados a partir das receitas do libro: "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA". Pasámolo de medo....




Aquí tendes unha mostra de fotos dun grupo de nenas do club elaborando un riquísimo flan de chocolate!!

MOITAS GRACIAS POLA VOSA ENTREGA E PARTICIPACIÓN!

26 de maio de 2015

SEMANA CULTURAL!

Onte,os nenos e nenas de Primaria asistiron a unha charla de reciclaxe a cargo de persoal de SOGAMA.










Hoxe, e xa como remate da  XXVIII Semana Cultural, ao longo da mañá o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º curso tiveron un encontro co escritor Miguel Ángel Alonso Diz.


MOITAS GRACIAS!!!!

21 de maio de 2015

SEMANA CULTURAL!

Hoxe o grupo de teatro da Asociación Xoán XXIII de Cangas representou a obra "Bela e Besta".Unha posta en escena realmente fantástica!




A BELEZA ESTÁ NO INTERIOR!!


20 de maio de 2015

SEMANA CULTURAL!

Hoxe "OBRADOIRO DE ROBÓTICA"para todo o alumnado do colexio a cargo dun enxeñeiro da Universidade de Vigo.















Jano Malvar Álvarez exalumno do colexio e fillo dunha compañeira amosounos o funcionamento dun robot, un androide e un dron. INCREÍBLE!!!

GRACIAS JANO!!!

19 de maio de 2015

SEMANA CULTURAL!

Hoxe tivemos dous actos realmente enriquecedores, pola mañán no Salón de actos, o grupo de maiores da Casa do Pobo do "OBRADOIRO DE MEMORIA" viñeron cantarnos unhas cancións populares. Nós tamén lle quixemos agasallar con "A rianxeira" á que eles  se sumaron.


Pola tarde,PEDRO FEIJOO falounos da súa novela "Os fillos do mar" .Todo un luxo poder contar con un escritor da súa talla na nosa biblioteca.

Unha xornada entrañable!