13 de maio de 2019

VISITA DO HISTORIADOR MIGUEL GARCÍA NA XXXII SEMANA CULTURAL E LETRAS GALEGAS 2019

O historiador , ex-alumno do noso centro, MIGUEL GARCÍA, estivo hoxe co alumnado explicando os  traballos feitos polas mulleres e o cambio que supuxo a chegada das fábricas de conserva.
Miguel escribe nun blog onde hai moita información de historia "Aernobriga".



 MOITAS GRAZAS MIGUEL POLAS TÚAS EXPLICACIÓNS E O TEU TEMPO!

AUDICIÓN MUSICAL

Esta semana para festexar que o 17 de Maio é o  Días das Letras Galegas, imos a escoitar na entrada do cole a canción  " O RAP DA LINGUA", do libro CD  "Canta connosco", publicado por Kalandraka. da man do grupo MIGALLAS.


GOZADE COA MÚSICA!!!

10 de maio de 2019

"LA ACADEMIA DE BRUJAS"

LA ACADEMIA DE BRUJAS, un novo conto escrito por Carlota e interpretado por ela e a súas compañeiras.
MOITAS GRACIAS POLA VOSA ACTUACIÓN !

AS FAMILIAS CONTAN 11

Esta mañán disfrutamos de dúas funcións organizadas por un grupo de nais de 5º de Infantil, axudados polos seus fillos.
Un teatriño de títeres de Chibos chibóns editado por kalandraka e unha peza teatral de Tío Lobo.





MOITAS GRAZAS POLA VOSA MAGNÍFICA ACTUACIÓN!

8 de maio de 2019

II FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA BUEU 2019

Este sábado 4 de maio, pasamos unha xornada científica.
O alumnado voluntario de 6º de Primaria foi o protagonista das explicacións dos experimentos os seus propios compañeiros de colexio e aos visitantes da feira, que foron moitos.
O libro elexido polo noso centro foi "A SEÑORITA BUBBLE" escrito por Ledicia Costas, editado por Xerais.
A protagonista da nosa historia é unha inventora, nos tamén quixemos ser creativos e intentar mellorar o mundo no que vivimos.
Inauguración polas autoridades:

Parte dos nosos stands:




Os Voluntarios e voluntarias explicando:



Con anterioridade lemos no club de lectura o libro e preparamos os experimentos no noso renovado LABORATORIO



O alumnado do club de lectura co libro de A Señorita Bubble en decembro.

AS FAMILIAS CONTAN 10

Este mércores día 8 de maio, ALBA E MAIKA, mamás de XOEL E JULIA, estiveron na nosa biblioteca contándonos, moi animadas, o conto "OS TRES PORQUIÑOS" incluso cun escenario cos personaxes elaborados por elas.
ata tivemos unha sorpresiña final para cada un...





MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTE TEMPO DE LECTURA CON NÓS!