20 de dec. de 2019

BO NADAL. MERRY CHRISTMAS. FELIZ NAVIDAD!!!

Desexamos a toda a comunidade educativa e amigos do CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS un FELIZ NADAL e un próspero ano 2020 cos nosos mellores desexos de vivir nun mundo máis solidario, máis xusto, equitativo e sostible.
 BO NADAL!!

FESTIVAL DE NADAL 2019

Hoxe celebramos o FESTIVAL DE NADAL, onde a alegría, a música, o teatro... estiveron mesturados coa SOStibilidade. Participou todo o alumnado do centro e as familias decoraron os espazos.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!











FELIZ NADAL!

PREGUNTA DE NADAL

Esta semana saiu unha noticia moi importante para todos os galegos... NO CEO LUCE ESPLENDOROSA UNHA ESTRELA CHAMADA ROSALÍA DE CASTRO!

1.- Cal é o nome científico desa estrela?
2.- Que outro lugar fóra da Terra recibe o nome da nosa poeta universal?
Le a noticia publicada no blog.. e que a estrela ROSALÍA ilumine a túa vida.

19 de dec. de 2019

CANTANDO "AS NAVIDADES"

Aínda con vento e con chuvia, como antaño, os nenos e nenas de 6º de Primaria, saíron a cantar "as Navidades!"
Estivemos no Taller de Memoria, na froitería e con Fina, unha veciña do colexio de 95 anos.

Queremos compartir a nosa alegría con todos os maiores!
BO NADAL!!





17 de dec. de 2019

Unha estrela chamada ROSALÍA DE CASTRO!

Rosalía de Castro converteuse, este martes 17 de decembro, en universal ao anunciar a Unión Astronómica Internacional (IAU) que a estrela HD 149143 e o seu exoplaneta HD 149143 b levarán a partir de agora o nome da escritora e do río Sar a carón do cal viviu e escribiu as súas obras.
https://www.gciencia.com/mc2/rosalia-de-castro-estrela/
 (Preme na imaxe para ler a noticia de GCiencia xornalismo+divulgación)

O astro está na constelación de Ofiuco e pode albiscarse cuns prismáticos.
Rosalía de Castro é unha estrela amarela anana, semellante ao Sol. O exoplaneta Sar foi descuberto en 2015, é un xigante gasoso cunha masa 1,33 veces a de Xúpiter. Está moi preto da súa estrela e completa unha órbita arredor dela en só catro días, polo que a súa temperatura superficial é moi elevada.
A estrela Rosalía é, deste xeito, o segundo lugar fóra da Terra que leva o nome da autora galega, desde 1994 dálle o seu nome a un cráter no planeta Venus.

“A obra de Rosalía é revolucionaria en forma pero tamén no fondo; o seu discurso, contrario a toda forma de inxustiza, é inequivocamente feminista e audazmente ecoloxista na súa defensa e amor pola natureza, moi presente na súa obra, igual que tamén está moi presente a noite e os obxectos celestes”

16 de dec. de 2019

NADAL 2019: RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa están polo pobo as GUIAS DE LECTURAS da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo para Infantil, Primaria, Secundaria e Adultos.
Atrévete a abrilo!








Grazas a Esteban de Tarabelos polas fermosísimas ilustracións.
Non esquezades que o mellor agasallo é un libro. Recordade que é aconsellable comprar no comercio da localidade ou de cercanía.

"OS CONTOS NON DORMEN ÁS NENAS NIN AOS NENOS, FANLLES SOÑAR"



PREGUNTA

Busca nas entradas antigas:
-Cando se celebra o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL? Que é a DIVERSIDADE FUNCIONAL? 
Non esquezas pór o teu nome.