12 de abr. de 2020

DÍA 28: 12.04.20 CINE EN FAMILIA: "BABE, O CERDITO VALENTE"

Hoxe recomendamos unha película divertida e con ensinanza para ver en familia.

Ficha técnica:
Título orixinal: Babe
Ano: 1995
Duración: 91 min.
País: Australia Dirección: Chris Noonan
Guión: George Miller, Chris Noonan (Novela: Dick King-Smith) Música: Nigel Westlake Fotografía: Andrew Lesnie Reparto: James Cromwell, Magda Szubanski, Paul Goddard, Zoe Burton, Marshall Napier, Brittany Byrnes. Produtora: Universal Pictures / Kennedy Miller Productions Xénero: Comedia. Drama. Cinema familiar. Vida rural.
Animais. Contos

Sinopse: Na granxa Hogget vive toda clase de animais. Cada un ocúpase dun traballo que trata de facer o mellor posible. Á granxa chega Babe, un cerdito que o granxeiro gañou nun concurso e que é moi especial. Decide ensinarlle o oficio de can pastor.
Para pensar... A vida está chea de prexuízos. Babe quere ser can ovelleiro. Nunca será un can, pero termina sendo o que quere ser con esforzo e perseveranza. Podes ser todo o que che propoñas sen límites? Ou o importante non só está en poder chegar senón en tentalo?

Babe caracterízaselle pola súa bondade e a súa educación. As ovellas fanlle caso porque ningún outro animal dirixiuse a elas con tanto respecto. Na vida ás veces pasa un pouco o mesmo: desmerecemos ao bo e educado porque pensamos que hai que impoñer respecto ao outro por encima de todo o demais, deixando claro quen manda, quen está arriba e quen está abaixo. Pasouche algunha vez que destacases por xestos pouco habituais pero realmente merecedores de recoñecemento e respecto?
Hai moitas cousas que se deixan de facer por vergoña. Polo “que dirán”. Con todo, moitas desas cousas son diferentes, son esenciais para ser como ti es. Algunha vez deixaches de facer cousas ou deixaches pasar oportunidades por ese motivo?

11 de abr. de 2020

10 de abr. de 2020

Día 26: 10.04.20 Curtametraxe: "THE PRESENT"

THE PRESENT. O REGALO  
É unha curtametraxe dirixida por Jacob Frey, no ano 2014, gañadora de máis de 60 premios e recoñecida en máis de 180 festivales de cine.

Que actitude ten o protagonista?
Como cres que se sente?
Que emoción ou emocións enfronta ao longo da curta?
Que representa o can?
Por que axuda a cambiar a actitude do neno?
Que significa aceptarse?
Cal é a túa postura fronte á discapacidade?
Que cambiarías despois de ver esta historia?

Estas e moitas outras preguntas poden xurdir para o diálogo en familia despois de ver esta fermosísima historia. 


Porque... "O ESENCIAL É INVISIBLE AOS OLLOS" .
("O Principiño". Antonie Saint-Exupery.)

9 de abr. de 2020

Día 25: 09.04.20 CONTO: "EU QUEDO NA CASA"

O blog da Biblioteca do Colexio de Reibón en Moaña, Reibonteca, acaba de compartir con todas as bibliotecas de Galicia este conto enviado por Wells Libros.
O texto é de Ramón D. Veiga e as ilustracións de Iván R.  



Esperamos que vos guste!

8 de abr. de 2020

Día 24: 08.04.20 MÉRCORES... LABORATORIO

Durante os recreos dos mércores, o alumnado voluntario de 6º de Primaria, convértese en científicos explicando a todas as persoas que se acercan ao laboratorio os experimentos preparados con anterioridade.

Na vosa casa, coa axuda dun adulto, podedes levar a cabo estas propostas. Incluso podedes enviarnos as vosas gravacións realizando os experimentos e explicando o que sucede.

Experimentos para los días de cole a distancia : libro de experimentos preparado polos alumnos e alumnas de segundo curso do Grao de Mestre de Educación Primaria da Universidade de Salamanca (USAL), coordinados por Camilo Ruiz Méndez.

Aprende Ciencia na Casa co CSIC (Consello Superior de Investigación Científica): recursos on line para gozar da ciencia.




7 de abr. de 2020

O MEU LIBRO FAVORITO É...

Para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (2 de abril) propuxémosvos facer un debuxo do voso libro infantil preferido. Este é o resultado. Si non o enviaches aínda estás a tempo...


CANCIÓN: NUN LIBRO. ÁLBUM: BRINCA VAI!

LETRA E MÚSICA: PACO NOGUEIRAS

Día 23: 07.04.20 " OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES"


A mellor curtametraxe do mundo para fomentar a lectura!
Escribe a túa opinión en comentarios.