THE PRESENT. O REGALO
É unha curtametraxe dirixida por Jacob Frey, no ano 2014, gañadora de máis de 60 premios e recoñecida en máis de 180 festivales de cine.
Que actitude ten o protagonista?
Como cres que se sente?
Que emoción ou emocións enfronta ao longo da curta?
Que representa o can?
Por que axuda a cambiar a actitude do neno?
Que significa aceptarse?
Cal é a túa postura fronte á discapacidade?
Que cambiarías despois de ver esta historia?
Estas e moitas outras preguntas poden xurdir para o diálogo en familia despois de ver esta fermosísima historia.
Porque... "O ESENCIAL É INVISIBLE AOS OLLOS" .
("O Principiño". Antonie Saint-Exupery.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario