12 de maio de 2021

Emilia Pardo Bazán

Hoxe, día 12 de maio, cúmplese 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921). Considerada  como a mellor novelista española do século XX e unha das escritoras máis destacadas da historia da literatura.

A ilustre galega  ademais de  novelista, periodista, ensaísta, crítica literaria, poeta, dramaturga, tradutora, editora, conferenciante e introdutora do naturalismo en España, foi pioneira  coas súas ideas sobre os dereitos da muller e o feminismo. Adicou a vida a defender estas ideas tanto na súa traxectoria vital como a través da súa obra literaria. 

Criticou abertamente a educación que recibían as españolas e reclamou para as mulleres o dereito a acceder a todos os niveis educativos e a exercer calquera profesión.

 Chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de Literatura do Ateneo de Madrid, así como ser a primeira muller en ocupar unha cátedra de Literatura na Universidade Central de Madrid (a pesar de ter prohibida a educación universitaria ás mulleres).

 Unha verdadeira pioneira!!





11 de maio de 2021

Contacontos: "MAROSA E MARIÑA CAMIÑAN A COMPOSTELA"

 O autor Iago López comparte este pequeno video contacontos do seu libro "Marosa e Mariña camiñan a Compostela" ilustrado por Macus Romero, editado por Xerais.

 


Anímate a ler! Ven pola biblioteca!

10 de maio de 2021

ANTIGÜIDADES: EXPOSICIÓN VIRTUAL

 O alumnado de 6º de Primaria presenta esta EXPOSICIÓN VIRTUAL sobre

ANTIGÜIDADES

moi relacionada co Proxecto Documental deste curso COIDEMOS DO NOSO. GREEN FUTURE!



9 de maio de 2021

Minutos musicais!

A proposta musical para esta semana é "MIDAS" o último traballo de TANXUGUEIRAS .Unha proposta "forte e poderosa", según a definen as cantareiras, de fusión da música tradicional galega có urbano.


                                                      BOA SEMANA!!




7 de maio de 2021

HOTEL DE BICHOS!

 O noso hotel de bichos xa é un verdadeiro fogar!


 

6 de maio de 2021

COIDEMOS DO NOSO!

Os nenos e nenas de 1º de Primaria baixaron camiñando á Praia de Area de Bon para realizar unha saída enmarcada dentro do PDI "Coidemos o noso".

Enmárcase, tamén,  no proxecto de Contratos-Programa "Promoción da Actividade Física en horario lectivo" no que unha das liñas prioritarias é adicar unha xornada a realizar xogos e actividades físico-deportivas aproveitando o noso marabilloso entorno natural.

Visualizade este video para tomar conciencia sobre o desenvolvemento sostible:

 

A continuación temos tamén as fotografías dalgúns dos xogos realizados:







 




 

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

 Esta mañá, mantivemos un encontro virtual coa autora María Canosa e o seu conto "Unha fábrica de bicos", ilustrado por Dani Padrón.

Foi un pracer escoitar na voz da autora esta fermosa historia.

Grazas á editorial Xerais pola súa xentileza!