Hoxe, día 12 de maio, cúmplese 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921). Considerada como a mellor novelista española do século XX e unha das escritoras máis destacadas da historia da literatura.
A ilustre galega ademais de novelista, periodista, ensaísta, crítica literaria, poeta, dramaturga, tradutora, editora, conferenciante e introdutora do naturalismo en España, foi pioneira coas súas ideas sobre os dereitos da muller e o feminismo. Adicou a vida a defender estas ideas tanto na súa traxectoria vital como a través da súa obra literaria.
Criticou abertamente a educación que recibían as españolas e reclamou para as mulleres o dereito a acceder a todos os niveis educativos e a exercer calquera profesión.
Chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de Literatura do Ateneo de Madrid, así como ser a primeira muller en ocupar unha cátedra de Literatura na Universidade Central de Madrid (a pesar de ter prohibida a educación universitaria ás mulleres).
Ningún comentario:
Publicar un comentario