8 de xuño de 2022

FAUNA NO COMPOSTEIRO!

Hoxe a mestra composteira do Concello de Bueu, Iria Rey, impartiu un interesante e apasionante obradoiro sobre a fauna que vive no noso composteiro.

 Algúns destes animais como as miñocas, os bichos bola ou a cadela de frade puideron ser observados pola maioría do alumnado. Outros como os colémbolos mostráronse máis esquivos. 

Ademais de observalos no compost tamén poidemos velos no microscopio electrónico, as imaxes foron impresionantes!!!

Iria compartiu con nós información moi interesante:

  • Que os bichos bola son crustáceos que viven ó redor de 3 anos, 
  • O motivo polo que as miñocas precisan ter a pel húmida e que son uns dos animais máis importantes do planeta,
  • Que a cadea de frade ten ás que case nunca as usa e que cando se sente ameazada bota un cheiro desagradable para defenderse.

Moitas gracias, Iria. 

Esperámoste o próximo curso para seguir profundizando no marabilloso mundo da compostaxe.


















Obradoiro de xogos sen nada nas mans

O noso centro foi un dos dez centros seleccionados dentro da iniciativa do Voluntariado de Lectura-A de Bibliotecas Escolares Solidarias pola calidade das actividades realizadas. Este é o primeiro dos obradoiros do que gozaron os alumnos e alumnas grazas a este premio.

NÓS SABEMOS XOGAR SEN TER NADA NOS PETOS NIN NAS MANS!
 
Foi moi divertido!






Poesía e mar en Sanamedio!

 ID A SAN MOMED... Xornadas de Poesía e mar en Sanamedio sábado 11 e domingo 12. 

Animádevos a ir!





6 de xuño de 2022

AS FAMILIAS CONTAN! 23

 Bea, a mamá de Óliver, estivo hoxe na biblioteca para lernos dous preciosos libros. 

Obsequiáronnos cunha receita de madalenas para ter sempre feitas cando se acerca un troll...





Mil grazas por compartir tempo e lecturas!

5 de xuño de 2022

MINUTOS MUSICAIS!!

 Esta semana  comeza co "Dia Mundial do Medio Ambiente"(5 de xuño) baixo o lema "Unha soa terra" : No universo hai miles de millóns de galaxias, na nosa galaxia hai miles de millóns de planetas pero só hai unha Terra.

 Está na man de todos e todas nós axudar e garantir que este fermoso planeta é único continúe sendo un fogar cómodo para a humanidade.

A audición escollida é a canción, do grupo María Fumaça, "O veleiro verde".


                                                   FELIZ SEMANA!!!!

2 de xuño de 2022

Gañadora do V Concurso de Microrrelatos!

Para nosa ledicia unha das alumnas da clase de 4º, Elena,  é a gañadora na categoría Infantil do V Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal.

Durante o mes de febreiro, o alumnado de 4º de Primaria leu e escribiu microrrelatos na biblioteca nun obradoiro de escritura creativa, como podedes ver nesta entrada do blog:

https://bibliomontemogos.blogspot.com/2022/02/microrrelatos.html

Seleccionaron oito pequenas historias para enviar ao V Concurso de Microrrelatos  e chegou a gran noticia!

Podes ler a noticia neste enlace: https://academia.gal/-/premios-quinta-edici-c3-b3n-do-concurso-de-microrrelatos?redirect=%2Fcomunicacion%2Fnovas

PARABÉNS para ela e para toda a clase!

As nosas felicitacións tamén para Antía, alumna do IES Johan Carballeira, gañadora da categoría xuvenil!




1 de xuño de 2022

VISITA AO INSTITUTO e CLUB DE LECTURA INTERCENTROS!

 O alumnado de 6º de Primaria do CEIP TORRE de Cela e máis o do noso centro visitaron hoxe o instituto Illa de Ons, onde o próximo curso van ser compañeiros e compañeiras.

Na biblioteca do IES reuníronse para comentar xuntos a última parte de INVISIBLE, unha actividade dentro do club de lectura intercentros que celebramos conxuntamente co Departamenro de Orientación.