Hoxe a mestra composteira do Concello de Bueu, Iria Rey, impartiu un interesante e apasionante obradoiro sobre a fauna que vive no noso composteiro.
Algúns destes animais como as miñocas, os bichos bola ou a cadela de frade puideron ser observados pola maioría do alumnado. Outros como os colémbolos mostráronse máis esquivos.
Ademais de observalos no compost tamén poidemos velos no microscopio electrónico, as imaxes foron impresionantes!!!
Iria compartiu con nós información moi interesante:
- Que os bichos bola son crustáceos que viven ó redor de 3 anos,
- O motivo polo que as miñocas precisan ter a pel húmida e que son uns dos animais máis importantes do planeta,
- Que a cadea de frade ten ás que case nunca as usa e que cando se sente ameazada bota un cheiro desagradable para defenderse.
Moitas gracias, Iria.
Esperámoste o próximo curso para seguir profundizando no marabilloso mundo da compostaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario