30 de xan. de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2026

 

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2026

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos un ano máis o Día Internaciona da Paz. O Día Internacional da Paz foi creado en 1981 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) e comezou a celebrarse en 1982. Con a celebración deste día quérese promover a paz, a convivencia pacífica e a non violencia entre os pobos, así como para lembrar a importancia do diálogo fronte aos conflitos. Un valor fundamental que cobra aínda máis importancia nos momentos difíciles que estamos a vivir no mundo. Situacións como as que se viven en Gaza, ou noutros lugares do planeta como Ucranía, lémbrannos cada día a necesidade de educar na empatía, o respecto e a convivencia desde idades temperás. Por iso, hoxe celebramos este día tan especial coa alegría e a ilusión dos máis pequenos.

Para festexar este día fixemos varias actividades:

 

·       Literatura da Paz: Seleccionamos obras literarias sobre a temática da Paz e  estiveron a disposición da Comunidade Educativa nun recuncho da entrada ao centro.

·       Adiviña o enigma: O longo da semana o alumnado  tiveron que resolver enigmas en verso agochados polo centro. Unha vez resolto, tiveron que pegalo nun cartel conmemorativo desta data  ubicado no corredor do centro.

·       Dar a lata pola Paz: O propio día realizamos unha coreografía e cantamos todos xuntos no ximnasin. Cantamos a canción, traducida ao galego , “Latas pola Paz. Canción impulsada pola asociación Admundui coa colaboración de Pepe Begines, dentro do proxecto educativo “Latas pola Paz” dos colexios de Málaga. Empregaremos para o acompañamento da canción, unhas latas como instrumento, nas que ían inscritas a palabra Paz en diferentes linguas do mundo e en linguaxe de signos. Posteriormente, as latas quedarán expostas na entrada do centro  a Comunidade Escolar.


FOTOS












26 de xan. de 2026

MINUTOS MUSICAIS

 

 

 

 

 

Tras máis de tres décadas á fronte de Heredeiros da Crus, Javi Maneiro rompe por primeira vez o silencio desde que a banda anunciou a súa saída o pasado 24 de novembro. O músico presenta agora "A miña mellor versión", a canción coa que inicia unha nova etapa artística en solitario.

19 de xan. de 2026

MINUTOS MUSICAIS

 




O tema Costa de Caión preséntase como unha peza delicada e evoca dora, onde o mar galego serve de fío condutor emocional. A súa atmosfera pausada e envolvente constrúe unha escoita íntima, na que a paisaxe se transforma en sentimento. 

Interpretada por Leria e Yago Corral, a canción destaca pola complicidade entre ambos, cunha interpretación sutil que pon en valor o silencio e os pequenos matices. A presenza do galego reforza esa conexión directa coa terra e coa memoria. 

Publicada baixo o selo Discomotor, Costa de Caión encaixa nunha liña artística que aposta pola experimentación suave e pola identidade local. O resultado é unha peza que, desde a sinxeleza, consegue transmitir profundidade e emoción.

14 de xan. de 2026

Nadal 2025

 Bo día!

 

Subimos os vídeos do Festival de Nadal do 2025. Están separados por cursos! (Está a faltar o de 6º de primaria porque temos unhas dificultades técnicas co formato, polo que o subiremos en canto se resolva).

Presentando a Infantil!



Presentando a 1º de Primaria!

 
 
Presentando a 2º de Primaria! 

 

Presentando a 3º de Primaria!


 Presentando a 4º e 5º de Primaria! 

Presentando a 5º de Primaria! 


12 de xan. de 2026

MINUTOS MUSICAIS

 




“Sísamo” de Baiuca é unha peza de folktrónica galega que destaca pola colaboración coa cantante Antía Ameixeiras, cuxa voz tradicional guía o tema. A canción combina elementos do folclore galego con produción electrónica moderna, contando tamén con músicos como Xosé Lois Romero e Lucas de Centi, o que reforza o seu carácter híbrido entre tradición e vangarda.


15 de dec. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



Nadal de Luintra de Luar Na Lubre é unha peza musical que evoca a maxia do Nadal a través da tradición galega. A canción combina melodías suaves e instrumentos tradicionais para crear unha atmosfera cálida e emotiva, moi ligada ás celebracións propias destas datas. 

Luar Na Lubre é un dos grupos máis emblemáticos da música folk galega, coñecido por recuperar e reinterpretar sons tradicionais de Galicia, incorporando tamén influencias celtas. Ao longo da súa traxectoria, conseguiron levar a música galega a escenarios internacionais, converténdose nun referente do xénero. 

O tema transmite sentimentos de nostalxia, unión e identidade, facendo referencia ás raíces culturais e ao valor das tradicións nun momento tan especial como o Nadal. Co seu estilo característico, o grupo consegue conectar co público e manter viva a esencia da música popular galega. 

En resumo, Nadal de Luintra é unha canción que destaca pola súa sensibilidade e pola súa capacidade de transportar ao oínte a un Nadal cheo de tradición e emoción. 

8 de dec. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




A todas partes é unha das obras máis destacadas de Fillas de Cassandra en colaboración con Çantamarta onde se mesturan tradición e modernidade para crear unha proposta musical única. O tema destaca pola súa forza lírica e polo uso de elementos da cultura galega, combinados con sons actuais que conectan co público novo.

A canción fala de identidade, movemento e pertenza, transmitindo a idea de levar as raíces propias a calquera lugar. A través dunha interpretación intensa e emotiva, as artistas conseguen crear unha peza que non só se escoita, senón que tamén se sente.

En conxunto, A todas partes é un exemplo claro do novo panorama musical galego, onde se reivindica a lingua e a cultura propias cunha visión contemporánea e universal.