3 de mar. de 2026

21 DÍAS EN GALEGO

 

Por segunda neste centro imos a poñer en marcha ”21 DÍAS EN GALEGO” no noso centro. A idea partiu do IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013 e fóronse unindo a este programa centros do Morrazo e Galicia ao longo destes anos.

Do luns 03 ao domingo 23 de marzo, este centro botará a andar o programa de 21 DÍAS EN GALEGO, no que pretendemos que a nosa Comunidade Educativa se comunique, dentro e fóra do centro, as 24 horas do día en galego.

Para conseguir este obxectivo escribimos cartas ás familias, informamos ao alumnado que asinaron un papel de compromiso voluntario, creamos un pasaporte 21 Días en Galego no que cada día que cumprían o compromiso conseguían un selo. Os que consigan os 21 selos desfrutarán dunha actividade sorpresa no terceiro trimestre.

 

 

 

2 de mar. de 2026

MINUTOS MUSICAIS

 

 

 

"Campo da Festa" é un popular tema musical do grupo galego Lontreira en colaboración con Rotce. Lanzada oficialmente en marzo de 2023, esta canción converteuse nun dos himnos de pop electrónico e música de raíz máis recoñecidos da banda. Escoitamos o tema na versión remix creada por kike varela.

 

 

 

 

23 de feb. de 2026

MINUTOS MUSICAIS

 

 

 

 

 "Pola rúa de San Pedro" é un coñecido himno da música folk galega que conta cunha recente reinterpretación conxunta de Uxía, Mondra e Malvela, lanzada a principios de 2026.


 

 

 

9 de feb. de 2026

ENTROIDO 2026


 ENTROIDO 2026

A orixe do entroido ten lugar nas festas de transición no agro, intimamente realacionadas co cambio de estación do inverno á primavera.

O entroido, antroido ou entruido, ten a súa orixe etimolóxica na palabra latina "introitus", que fai referencia ao rexurdimento da vexetación e ao inicio da primavera. Nada ten que ver coa orixe da palabra carnaval (que non ten documentación en Galica). Carnaval é tamén de orixe latina e fai referencia ao prncipio da Coresma. Carnaval é unha deturpación de dúas palabras do latín vulgar: "carne" e "levare" que significan literalmente, levar a carne, un precepto da tradición sudeo cristiá durante a Coresma previa a Pentecostés. 

O uso da forma entroido en lugar da forma carnaval ndícanos que as celebracións en Galicia teñen unha significación anterior á das celebracións cristiás, máis vinculadas ás colleitas e á forma de vida rural.




Comezamos o noso entroido cos mandados de Belusiña de luns a xoves. O venres sairemos a rúa para festexar e cantar as nosas coplas.
MANDADOS DE BELUSIÑA
LUNS 
Fai unha viaxe ao pasado, 
traendo na cabeza un sombreiro ou un tocado.
MARTES
Vive o presente con "sabrosura",
traendo algo na cintura.
MÉRCORES
Se no futuro queres pisar a cama,
ven este mércores en bata ou en pixama.



XOVES
Para rematar estes mandados,
vir libremente disfrazados.





MINUTOS MUSICAIS

 

       

 

 O grupo Alana vén de lanzar "Añobres", un novo tema e videoclip que supón o primeiro adianto dun traballo de homenaxe á cantareira Delfina de Añobres. 

2 de feb. de 2026

MINUTOS MUSICAIS

 

 

 

 "Voa o Aire" é unha das cancións máis populares do músico  galego Xabier Díaz xunto ás Adufeiras de Salitre, publicada no ano 2018  como  parte  do seu  álbum titulado "Noró". 


30 de xan. de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2026

 

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2026

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos un ano máis o Día Internaciona da Paz. O Día Internacional da Paz foi creado en 1981 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) e comezou a celebrarse en 1982. Con a celebración deste día quérese promover a paz, a convivencia pacífica e a non violencia entre os pobos, así como para lembrar a importancia do diálogo fronte aos conflitos. Un valor fundamental que cobra aínda máis importancia nos momentos difíciles que estamos a vivir no mundo. Situacións como as que se viven en Gaza, ou noutros lugares do planeta como Ucranía, lémbrannos cada día a necesidade de educar na empatía, o respecto e a convivencia desde idades temperás. Por iso, hoxe celebramos este día tan especial coa alegría e a ilusión dos máis pequenos.

Para festexar este día fixemos varias actividades:

 

·       Literatura da Paz: Seleccionamos obras literarias sobre a temática da Paz e  estiveron a disposición da Comunidade Educativa nun recuncho da entrada ao centro.

·       Adiviña o enigma: O longo da semana o alumnado  tiveron que resolver enigmas en verso agochados polo centro. Unha vez resolto, tiveron que pegalo nun cartel conmemorativo desta data  ubicado no corredor do centro.

·       Dar a lata pola Paz: O propio día realizamos unha coreografía e cantamos todos xuntos no ximnasin. Cantamos a canción, traducida ao galego , “Latas pola Paz. Canción impulsada pola asociación Admundui coa colaboración de Pepe Begines, dentro do proxecto educativo “Latas pola Paz” dos colexios de Málaga. Empregaremos para o acompañamento da canción, unhas latas como instrumento, nas que ían inscritas a palabra Paz en diferentes linguas do mundo e en linguaxe de signos. Posteriormente, as latas quedarán expostas na entrada do centro  a Comunidade Escolar.


FOTOS