O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de primaria achegouse á EDAR (Estación de Depuración de Augas Residuais) do concello de Bueu, ubicada no lugar de Cabalo. Despois de dar unha pequena andaina ata o lugar,o responsable do concello explicoulle o proceso da DEPURACIÓN da auga , un proceso que pasa por diferentes etapas:
1-DESBASTE E CRIBADO.
2-DESAREADO E DESENGRAXADO.
3-DECANTADOR PRIMARIO.
4-TRATAMENTO BIOLÓXICO.
5-TRATAMENTO TERCIARIO.
6-VOLTA AO CICLO NATURAL.
Fíxonos ver o importante que é que tod@s acheguemos a nosa "gotiña de auga" facendo un bo uso da auga e a nosa contribución ao coidado da rede de saneamento, evitando residuos contaminantes como poden ser:aceites e graxas, toalliñas, medicamentos, disolventes e pinturas...
Porque a auga precisa de ti: MÓLLATE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario